Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña convoca a primeira edición do seu Concurso Escolar de Cómics, un certame destinado a alumnado de primaria e secundaria que busca dar visibilidade ao traballo da muller na enxeñaría.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 12/06/2026
Requisitos:
Poderá presentarse a este concurso calquera estudante dos centros escolares de Galicia nas seguintes modalidades:
Modalidade A: Primaria
Modalidade B: Secundaria
As obras que se presenten tratarán sobre a vida e o traballo das mulleres cuxa actividade laboral se encadre nalgún dos ámbitos STEM: ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas. Pode facerse referencia a calquera marco temporal (pasado, presente ou futuro).
A obra será un cómic en tamaño DIN A4 (máximo dúas caras), que non poderá conter máis de 20 viñetas.
Os cómics poderán realizarse de maneira manual en papel ou mediante aplicacións dixitais. Neste último caso (cómic dixital), é obrigatorio enviar unha declaración indicando que ferramentas se utilizaron para a elaboración do cómic e que non se utilizou intelixencia artificial (exemplos: Canva, etc.).
Se os cómics conteñen texto, os idiomas admitidos son o galego, o español e o inglés.
O estilo, o xénero da historia, o deseño de personaxes e o guión son libres. As obras poderán ser en cor ou en branco e negro.
Os cómics deberán ser inéditos, non tendo sido publicados nin presentados noutro concurso con anterioridade.
Cada cómic poderá ter, como máximo, dous autores/as. Cada autor/a poderá participar, como máximo, en tres obras.
As obras remitiranse por correo electrónico a citeec@udc.gal, como arquivo adxunto.
Remuneración / Dotación:
Outorgarase un premio por cada modalidade (A e B), podendo entregar ata tres mencións especiais.
Os premios consistirán en:
- Visita guiada ao centro CITEEC para a/s persoa/s gañadora/s e un máximo de 25 persoas que elixa/n invitar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible