O Concello de Arteixo organiza a segunda edición do certamen de teatro amador. O obxecto da convocatoria promover é premiar a actividade teatral de carácter afeccionada e dar a coñecer entre a poboación unha selección das creacións artísticas contemporáneas no eido do teatro amador.
Para público en xeral
Ata o 04/05/2026
Premio directo a cada unha das 5 compañías seleccionadas: 400€
Premio amArte ao mellor espectáculo para o público : 500€
Premio amArte ao mellor espectáculo para o xurado: 500€
Poderán participar compañías ou asociacións que conten cun grupo de teatro amador, independentemente da súa procedencia. As compañías interesadas poderán presentar as obras que desexen, sen límite de temática ou xénero, tendo en conta que:
-Non se aceptarán a concurso obras xa representadas pola mesma compañía na Mostra de Teatro Afeccionado do Concello de Arteixo en anteriores edicións.
-Poderán presentarse entidades con forma xurídica sen ánimo de lucro ou colectivos cidadáns sen forma xurídica.
-As obras poderán representarse en calquera lingua.
Concello de Arteixo
Praza Alcalde Ramón Dopico nº1
15142 - Arteixo (A Coruña)
Tel: 981 600 009
E-correo: correo@arteixo.org
Bases: BOP 17/04/2026
Dende o 20/04/2026 ata o 05/05/2026
Dende o 24/04/2026 ata o 18/07/2026
con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible