Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
X Talento Challenge, da Fundación ONCE, é un concurso dirixido á mocidade de entre 14 e 21 anos que promove o desenvolvemento de proxectos que buscan xerar un impacto social positivo ao resolver ou mellorar un problema específico na súa contorna próxima.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 16/01/2026
Requisitos:
X Talento Challenge é un concurso dirixido a mozos de entre 14 e 21 anos (nacidos entre 2004 e 2011, no momento da inscrición) que promove o desenvolvemento de proxectos que buscan xerar un impacto social positivo ao resolver ou mellorar un problema específico na súa contorna próxima.
Particípase por equipos, que terán un mínimo de 5 e un máximo de 10 integrantes. Deberase, ademais, respectar a regra de equilibrio do 25% - 75% segundo as seguintes opcións:
- Polo menos o 25% dos integrantes dun equipo deberá ter discapacidade.
- Polo menos o 25% dos integrantes dun equipo deberá non ter discapacidade.
Os equipos participantes deberán presentar un proxecto que busque xerar un impacto social positivo ao resolver ou mellorar un problema específico na súa contorna próxima.
Os equipos serán supervisados por un titor, titora ou titores/as (máximo 2) que lles guiarán ao longo de todo o proceso e que serán quen lles inscriba no formulario que corresponda, en función de se o grupo procede dun centro educativo, asociación ou calquera outra entidade que teña personalidade xurídica propia. O titor, titora ou titores/as poderán supervisar a un ou a varios equipos.
É obrigatorio que todos os equipos estean apoiados por algunha entidade con personalidade xurídica na cal se amparará aos/as titores/as de cada equipo...
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible