Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

XIV Concurso de fotografía Fundación AguaGranada

Fundación AguaGranada, coa colaboración de Fundación Caixa Rural Selecta, convoca o XIV Concurso de fotografía co fin de difundir, dentro desta modalidade, o importantísimo vínculo de Granada coa auga.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 22/06/2026 ata o 26/06/2026

ata as 14.00 h.

Requisitos:

  • Poderán participar fotógrafos de calquera nacionalidade, maiores de 18 anos.
  • O tema é "Selecta: Cultura da auga"
  • O número de fotografías a presentar por cada participante estará limitado a dous.
  • As fotografías deberán ser orixinais e inéditas.
  • A presentación das fotografías deberá facerse sobre un soporte de 40 x 50 cm. de cartón pluma branco de 1 cm. de grosor. O tamaño das fotografías non excederá de 45 cm. no seu lado maior, nin terá menos de 20 cm. no seu lado menor. Non se admitirán obras protexidas con cristal.
  • Poderán presentarse obras en cor ou en branco e negro. Non se admitirán fotomontaxes, imaxes tratadas con intelixencia artificial ou fotografías manipuladas dixitalmente.
  • Os traballos presentaranse na sede da Fundación AguaGranada persoalmente, por correo ou por mensaxería, nunha embalaxe reutilizable.

Remuneración / Dotación:

  • 1º premio: 2.000 €
  • 2º premio: 1.000 €
  • 3º premio: 500 €

Páxina web:

https://fundacionaguagranada.es

Contacto:

Fundación AguaGranada

Carmen Alxibe do Rey : Praza do Cristo das Azucenas, s/n (18010 - Granada)

Tel.: 958 200 030

https://fundacionaguagranada.es/contactanos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión