Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

XXX Concurso de Humor Gráfico "Curuxa do Humor"

O Concello de Fene convoca o Concurso de Humor Gráfico e Caricatura “Curuxa do Humor 2026”

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 31/05/2026

Requisitos:

  • Poderán participar residentes na Península Ibérica (España ou Portugal).
  • Establécense as seguintes categorías de participación:
    • Categoría CURUXA: persoas maiores de 25 anos.
    • Categoría CURUXA-NOVA: persoas de 16 a 25 anos. As persoas menores de 25 anos poderán participar na categoría xeral, CURUXA, extremo que implica a renuncia á categoría CURUXA-NOVA. 
    • Categoría CARICATURA: persoas maiores de 16 anos.
  • Os/as participantes poderán presentar un único debuxo.
  • As obras presentadas serán de temática libre. Humor gráfico nas súas modalidades de viñeta, tira ou cómic ou caricatura (no caso de debuxos presentados a esta categoría)
  • As obras presentadas a concurso deberán ser de creación propia e non ter sido premiadas anteriormente.
  • Calquera obra creada total ou parcialmente coa axuda da intelixencia artificial quedará automáticamente excluida do certame.
  • Presentaranse en formato papel, mesmo no caso de traballos realizados dixitalmente (impresión de alta calidade)
  • A dimensión máxima do debuxo será de 29,7x42 cms (A3)
  • Non se admitirán fotocopias nin gravados.
  • Os traballos deberán estar redactados en galego. Tamén se admitirán traballos redactados en calquera das linguas oficiais do Estado (castelán, catalán, euskera) aínda que, neste caso, o/a autor/a deberá achegar xunto coa documentación requirida nas Bases, a tradución ao galego do texto do debuxo. 
  • Admítense traballos de humor mudo.

Remuneración / Custo:

Categoría CURUXA (maiores de 25 anos)

  • 1º premio: 2.000 € 
  • 2º premio: 1.000 € 

Categoría CURUXA-NOVA (de 16 a 25 anos)

  • 1º premio: 500 € 

Categoría CARICATURA (maiores de 16 anos)

  • 1º premio: 1.500 €

Páxina web:

https://fene.gal

Contacto:

Concello de Fene

R/ Alcalde Ramón Souto González, s/n (15500 - Fene)

Tel..: 981 492 707

Publicación: BOP 20/02/2026

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión