Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

9º Open Náutico ESFORZA

A Fundación María José Jove organiza o 9º OPEN NÁUTICO ESFORZA, que engloba nun único evento as modalidades de vela e piragüismo para persoas con discapacidade a través da 15ª Regata de Vela-Yatlant´460 e a 10ª Regata de Piragua.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 12/06/2026 ata o 14/06/2026

Inscricións:

Ata o 22/05/2026

Prezo:

Gratuíta

Requisitos:

15ª Regata de Vela Adaptada-Yatlant´460: Restrinxida só a participantes da actividade de Vela do período de Esforza Inverno 2025-2026.

10ª Regata de Piragua: Restrinxida só a participantes da actividade de Piragua Inclusiva Esforza Inverno 2025-2026 e aberta a acompañantes "popas", maiores de 18 anos, que demostren experiencia no goberno do kaiak, que participasen nalgunha edición anterior do Open Náutico ou que formen parte dalgunha entidade que colabore coa FMJJ.

Remuneración / Dotación:

15ª Regata de Vela -Yatlant´460:

Entregaranse trofeos aos 3 primeiros clasificados en categoría "Individual" e aos 3 primeiros clasificados de categoría "Con Acompañante"

10ª Regata de Piragua:

Entregaranse trofeos aos 3 primeiros clasificados de K1 "Mixto Individual" e ás 3 primeiras parellas de K2 "Mixto Por Parellas"

Picnic

A organización entregará picnic a todos os regatistas e adestradores os días que dure o 9º Open Náutico Esforza.

Páxina web:

https://fundacionmariajosejove.org

Contacto:

Fundación María José Jove

Polígono da Grela (Edif. Workcenter).

C/ Galileo Galilei, 6 (15008 - A Coruña)

Tel. 981 160 265

info@fundacionmariajosejove.org

Documentos:

bases.pdf (321 KB)

Tríptico.pdf (3 MB)

Clases e Categorías

15ª Regata de Vela -Yatlant´460:

A regata está reservada a embarcacións da clase Yatlant 460.

Os barcos serán achegados pola organización da Regata.

Dúas categorías: Individual* e Con Acompañante**.

O número de prazas dispoñibles para a competición serán limitadas (36 prazas).

10ª Regata de Piragua:

A regata está reservada a kaiaks autovaciables Rotomod Ocean Duo.

As embarcacións serán achegadas pola organización.

Dúas categorías: K1 Mixto (individual) e K2 Mixto (Por Parellas).

O número de prazas dispoñibles para a competición serán limitadas (45 prazas).

INSCRICIÓNS: ata o 22 de maio ás 14.00 h. en liña, a través do "Portal de Inscricións" da web da Fundación María José Jove https://porta.fundacionmariajosejove.org

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión