Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Actualización para centros de información xuvenil

A Federación Española de Municipios e Provincias, FEMP, convoca estas xornadas formativas destinadas a persoal técnico de centros de información xuvenil, responsables técnicos das áreas de mocidade, cultura e participación das Entidades Locais, outro persoal técnico que traballe con adolescentes e novos ou en áreas relacionadas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 11/12/2025 ata o 12/12/2025

Horario:

  • xoves de 9:00-13:15 e de 15:30-17:30h
  • venres de 9:00-13:45h.

Número de prazas:

100

Prezo:

Matrícula gratuíta con prazas limitadas.

Requisitos:

As inscricións realizaranse a través da páxina https://formacionfemp.es/node/29795. Se non estás rexistrada, cumprimenta cos teus datos o formulario que aparece en https://formacionfemp.es/user/register .

Páxina web:

formacionfemp.es

Contacto:

Federación Española de Municipios e Provincias, FEMP

R/ Nuncio, 8. 28005- Madrid

tel: 91364 3700

Documentos:

Programa (pdf) (499 KB)

Obxectivos:

Analizar o papel e a situación laboral dos informadores xuvenís, así como fortalecer as súas competencias profesionais a través do coñecemento da metodoloxía e as redes de centros de información xuvenil. Búscase fomentar a modernización destes centros mediante o uso de ferramentas dixitais, redes sociais e estratexias efectivas de comunicación e difusión. Ademais, promove a colaboración entre profesionais do sector, a identificación de boas prácticas na xestión dos centros a avaliación do impacto da información xuvenil na comunidade.

Contidos:

  • Os Centros Coordinadores de Información Xuvenil e a súa achega.
  • Información xuvenil e programas europeos.
  • Información dixital e Redes Sociais.
  • A información xuvenil no ámbito rural.
  • Boas prácticas sobre información xuvenil.
  • Traballadores Xuvenís e o seu desempeño.

Modalidade:

Mixta. Presencial na sede da FEMP en Madrid e on-line a través de videoconferencia .

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión