Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O Concello da Coruña abre o prazo de inscrición para a edición do 2026 de "Coruña no mar", un programa que ten como obxectivo brindarlle oportunidades de aprendizaxe á cidadanía en diversas disciplinas deportivas náuticas e acuáticas, en quendas semanais e actividades puntuais nas fins de semana durante os meses de xullo e agosto.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Dende o 27/05/2026 ata o 31/05/2026
Prezo:
a) Cursos semanais (de luns a venres):
menores de 18 anos: 8,74 €
maiores de 18 anos: 10,92 €
b) Actividades dun día (venres, sábado ou domingo): 8,73 €
Requisitos:
Cumprir coa idade mínima establecida para cada curso ou actividade (a idade requerida está referida á que se deberá ter cumprida a 31 de decembro de 2026)
Saber nadar (polo menos 25 m sen material auxiliar e sen outro tipo de apoio).
Cursos intensivos semanais (de luns a venres): surf, paddle surf, vela lixeira,windsurf e piragüismo.
Actividades puntuais dun día (venres, sábado ou domingo): Natación Augas Abertas, kaiac e pesca.
CALENDARIO:
Inscricións: no formulario en liña dispoñible en www.coruna.gal/deportesdesde o 27 de maio ao 31 de maio ás 23.59 h
Solicitude individual: cada persoa poderá presentar unha única solicitude.
Solicitude familiar: aquelas persoas que desexen optar ao mesmo curso deberán cubrir un único formulario de preinscrición no que reflectirán a todos/as os/as menores, coa condición de que sexan membros da mesma unidade familiar ou que demostren convivencia no mesmo domicilio.
Listaxe provisional de solicitantes: 2 de xuño a partir das 15.00 h
Prazo decorrección: dende a publicación da listaxe provisional de solicitantes e ata o 4 de xuño, remitindo un correo electrónico programasdeportivos@coruna.gal
Listaxe definitiva de solicitantes: 5 de xuño partir das 13.30 h
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible