Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Curso sobre discriminación por xénero. Lexislación e xurisprudencia (15 h)

Formación da Xunta de Galicia. Este curso, gratuíto, permitirá ás persoas participantes, afondar en conceptos teóricos e ferramentas prácticas que é necesario coñecer para entender correctamente os mandatos normativos e para aplicar e interpretar leis e sentenzas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 19/05/2026 ata o 19/06/2026

Inscricións:

Ata o 15/05/2026

Duración:

15 horas.

Prezo:

Gratuíto.

Páxina web:

https://aigualdadelaboral.gal/

Contacto:

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración - Xunta de Galicia

https://012.xunta.gal/portada

Que inclúe este curso?

  • Tema 1. A muller no discurso xurídico: a teoría feminista do dereito
  • Tema 2. Prexuizos de xénero e relacións laborais
  • Tema 3. Discriminación directa e indirecta
  • Tema 4. Acoso sexual e acoso sexista: conceptos xerais
  • Tema 5. Os dereitos de conciliación como dereitos fundamentais
  • Tema 6. Discriminación por asociación
  • Tema 7. Mulleres e discriminación múltiple e interseccional: Concepto. Recoñecemento
  • Tema 8. Mulleres: idade e discapacidade
  • Tema 9. Mulleres LGTBI e mulleres inmigrantes
  • Tema 10. Dixitalización do traballo e discriminación por xénero
  • Tema 11. Tutela administrativa e xudicial
  • Tema 12. Axuizamento con perspectiva de xénero e interseccional

Modalidade

En liña. Constará dunha parte pre-gravada en liña (actividades asíncronas) e unha sesión en liña de carácter voluntario de 1 hora de duración co obxectivo de resolver posibles dúbidas e afondar sobre a materia. Esta sesión en liña celebrarase o mércores 8 de outubro de 16:30 a 17:30 horas.

Inscrición

Formulario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión