Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Traballaredes con escenas reais, aprenderás técnicas básicas de dobraxe, uso do micrófono e expresión vocal, todo nun ambiente dinámico e creativo.
Entrega de material ao finalizar o curso.
Data: do 13 ao 17 de Xullo
Horario: de 10h a 13h
Prezo: 150€
Docente: Daniel Otero
Técnico de imaxe e son: Marcos Eimil
EMOCIÓNS EN ESCENA: de 7 a 12 anos
Este taller combina dinámicas teatrais con actividades de educación emocional para axudar aos participantes a recoñecer, expresar e xestionar as súas emocións de maneira saudable, creativa e divertida.
Traballaredes: expresión e identificación emocional, empatía, traballo en equipo, fomento da calma e da escoita activa, expresión corporal, fortalecemento da autoconfianza e desinhibición.
Data: do 29 de Xuño ao 2 de Xullo
Horario: de 10h a 12h
Prezo: 100€
Docente: Daniel Otero
Colabora: Amizar Psicoloxía
TEATRO NENAS E NENOS: de 7 a 12 anos
Durante este curso, exploradedes técnicas básicas de interpretación, xogos escénicos, movemento, improvisación e interpretación adaptados á súa idade e nivel.
Poderán desenvolver a creatividade, a expresión corporal, o traballo en equipo e, ademais, gañar confianza, mellorar a comunicación e descubrir o pracer do teatro.
Datas: Xullo (do 20 ao 23) ou Agosto (do 17 ao 20)
Horario: de 10h a 12h
Prezo: 80€
Docente: Daniel Otero
TEATRO ADOLESCENTES: de 13 a 17 anos
A través de exercicios prácticos, improvisación, traballo corporal e escenas, afondaredes nas ferramentas básicas do actor e actriz, sempre nun ambiente dinámico, creativo e colaborativo.
Traballarase: Sensibilización Corporal, Técnica Vocal, Atención e Escoita en escena, Imaxinación, Improvisación e Interpretación.
Datas: Xullo (do 20 ao 23) ou Agosto (do 17 ao 20)
Horario: de 12h a 14h
Prezo: 80€
Docente: Daniel Otero
INTERPRETACIÓN ANTE A CÁMARA: de 12 a 17 anos
Este curso nace dunha colaboración entre Casahamlet e CV Estudio de Interpretación. Un curso dinámico e práctico para rapaces e rapazas que queiran descubrir as ferramentas da interpretación audiovisual para Cine e TV, e poder actuar diante da cámara con naturalidade, seguridade e verdade.
Aprenderán as bases da interpretación audiovisual, gañarán naturalidade e confianza ante a cámara e mellorarán a expresión corporal e verbal en escena.
Entrega de material ao finalizar o curso.
Data: do 6 ao 10 de Xullo
Horario: de 10h a 13h
Lugar: CV Estudio de Interpretación (R/ Bergondo, 7, A Coruña)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible