Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Cursos de verán para adolescentes - Estudio de Teatro Casahamlet

Cursos de teatro, interpretación e dobraxe para mocidade dende os 7 aos 17 anos.

A quién va dirigido:

Para público en general

Página web:

https://casahamlet.es/cursos-de-veran/

Contacto:

Estudio de Teatro Casahamlet

Rúa Alfonso VII, 11

Tel.: 661 062 984

danielcasahamlet@gmail.com

DOBRAXE: de 9 a 17 anos   

  • Traballaredes con escenas reais, aprenderás técnicas básicas de dobraxe, uso do micrófono e expresión vocal, todo nun ambiente dinámico e creativo.
  • Entrega de material ao finalizar o curso.
  • Data: do 13 ao 17 de Xullo
  • Horario: de 10h a 13h
  • Prezo: 150€
  • Docente: Daniel Otero
  • Técnico de imaxe e son: Marcos Eimil

EMOCIÓNS EN ESCENA: de 7 a 12 anos

  • Este taller combina dinámicas teatrais con actividades de educación emocional para axudar aos participantes a recoñecer, expresar e xestionar as súas emocións de maneira saudable, creativa e divertida.
  • Traballaredes: expresión e identificación emocional, empatía, traballo en equipo, fomento da calma e da escoita activa, expresión corporal, fortalecemento da autoconfianza e desinhibición.
  • Data: do 29 de Xuño ao 2 de Xullo
  • Horario: de 10h a 12h
  • Prezo: 100€
  • Docente: Daniel Otero
  • Colabora: Amizar Psicoloxía

TEATRO NENAS E NENOS: de 7 a 12 anos

  • Durante este curso, exploradedes técnicas básicas de interpretación, xogos escénicos, movemento, improvisación e interpretación adaptados á súa idade e nivel.
  • Poderán desenvolver a creatividade, a expresión corporal, o traballo en equipo e, ademais, gañar confianza, mellorar a comunicación e descubrir o pracer do teatro.
  • Datas: Xullo (do 20 ao 23) ou Agosto (do 17 ao 20)
  • Horario: de 10h a 12h
  • Prezo: 80€
  • Docente: Daniel Otero

TEATRO ADOLESCENTES: de 13 a 17 anos

  • A través de exercicios prácticos, improvisación, traballo corporal e escenas, afondaredes nas ferramentas básicas do actor e actriz, sempre nun ambiente dinámico, creativo e colaborativo.
  • Traballarase: Sensibilización Corporal, Técnica Vocal, Atención e Escoita en escena, Imaxinación, Improvisación e Interpretación.
  • Datas: Xullo (do 20 ao 23) ou Agosto (do 17 ao 20)
  • Horario: de 12h a 14h
  • Prezo: 80€
  • Docente: Daniel Otero

INTERPRETACIÓN ANTE A CÁMARA: de 12 a 17 anos

  • Este curso nace dunha colaboración entre Casahamlet e CV Estudio de Interpretación. Un curso dinámico e práctico para rapaces e rapazas que queiran descubrir as ferramentas da interpretación audiovisual para Cine e TV, e poder actuar diante da cámara con naturalidade, seguridade e verdade.
  • Aprenderán as bases da interpretación audiovisual, gañarán naturalidade e confianza ante a cámara e mellorarán a expresión corporal e verbal en escena.
  • Entrega de material ao finalizar o curso.
  • Data: do 6 ao 10 de Xullo
  • Horario: de 10h a 13h
  • Lugar: CV Estudio de Interpretación (R/ Bergondo, 7, A Coruña)
  • Prezo: 150€
  • Docentes: Daniel Otero e Carlos Villarino

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión