Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Data Engineer con GenAI

Fundación Accenture e Fundación Universidade-Empresa poñen á túa disposición este Programa Dual de Formación Permanente Data Engineer con GenAI (Intelixencia Artificial Xenerativa). Dirixido a persoas sen experiencia profesional previa en programación. En liña e gratuíto.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 14/06/2026

Requisitos:

  • Ser maior de 18 anos.
  • Ter nacionalidade española ou permiso de traballo.
  • Dispoñer de, polo menos, formación en educación secundaria obrigatoria ou FP Básico.
  • Atoparse en situación de desemprego ou estar a traballar en funcións non relacionadas coa programación, tecnoloxía e/ou consultoría.
  • Ter nivel de inglés medio.
  • Ter coñecementos básicos de programación ou realizar os cursos de introdución á programación en español de Learning to Earning.
  • Interese polas novas tecnoloxías.
  • Dispoñer de computador con cámara, micrófono e conexión a internet.
  • Dispoñibilidade para asistir ás sesións calendarizadas de titorías e webinars (previsto martes e xoves de 9:00 a 13:00) e cumprir coas entregas de actividades do programa.
  • Dispoñibilidade para realizar as prácticas en modo presencial.

Páxina web:

https://www.l2eportal.accenture.com

Contacto:

Learning to Earning - Accenture

FAQ

support.l2eportal@accenture.com

¿Cales son as funcións que desempeña un Data Engineer con GenAI?

  • Recoller datos en bruto a gran escala.
  • Procesar datos de forma que sexan viables para analizar.
  • Integrar datos procedentes de múltiples fontes.
  • Estruturar e consolidar datos para usalos en aplicacións analíticas.
  • Desenvolver infraestruturas que almacenen, extraian e transformen datos.
  • Probar e documentar os desenvolvementos realizados.
  • Análise de datos, para transformar o dato en información de valor para a empresa.
  • Apóiase en ferramentas de IA xenerativa coas que mellorar a aprendizaxe, a depuración, a eficiencia e a calidade do código.
  • Utiliza ferramentas profesionais de DevOps , tales como, control de versións habituais en contornas de desenvolvemento actuais.
  • Aplica boas prácticas de desenvolvemento.
  • Colabora en equipos técnicos seguindo metodoloxías de traballo profesionais e estándares da industria.

¿Que vas aprender?

Formarasche en coñecementos técnicos:

  • DevOps (Bash, Git)
  • SQL
  • Python (Programación, Programación Orientada a Obxectos, Excepcións, análises de datos)
  • Spark
  • Contorna Cloud
  • Workflows (Airflow, AWS)
  • Uso responsable de ferramentas de IA xenerativa como reforzo ao desenvolvemento, mellora da aprendizaxe e a produtividade.
  • Metodoloxías áxiles para a xestión do desenvolvemento.
  • Desenvolvemento de proxectos prácticos e experiencia en contornas profesionais

Datas

  • Formación de 17 semanas a partir de setembro de 2026 (425 horas)
  • Prácticas a partir de febreiro de 2027 (425 horas)

Preinscrición

Formulario

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión