A Biblioteca Provincial da Coruña organiza o obradoiro literario e a xornada arredor da literatura galega contemporánea "Letras Galegas Vivas", un laboratorio de creación literaria con Emma Pedreira, María Besteiros e Ana Varela.
Para público en xeral
26/05/2026
de balde
Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Rúa Riego de Auga, 37 (15001 - A Coruña)
Tel.: 981 080 175
correo-e: biblioteca.info@dacoruna.gal
A xornada constará de 2 partes:
1ª parte: taller de creación literaria. As persoas inscritas dividiranse en tres grupos de traballo coordinados por tres autoras de referencia da literatura galega contemporánea: Emma Pedreira, María Besteiros e Ana Varela. Ao longo de 2 horas, cada grupo construirá de maneira colectiva un relato curto en galego.
2ª parte: lectura pública. Os tres grupos reuniranse novamente nun espazo común aberto ao público xeral. As coordinadoras darán lectura aos relatos creados durante o obradoiro e compartirán unha conversa arredor da importancia de manter viva a literatura galega, así como da figura de Begoña Caamaño, homenaxeada nesta edición das Letras Galegas.
Dende o 06/07/2026 ata o 08/07/2026
Ata o 16/06/2026
Dende o 19/05/2026 ata o 10/09/2026
ás 15:00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible