Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Taller literario "Letras Galegas Vivas"

A Biblioteca Provincial da Coruña organiza o obradoiro literario e a xornada arredor da literatura galega contemporánea "Letras Galegas Vivas", un laboratorio de creación literaria con Emma Pedreira, María Besteiros e Ana Varela.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/05/2026

Horario:

  • 1ª parte: de 17.00 a 19.00 h
  • 2ª parte: 19.30 h.

Prezo:

de balde

Requisitos:

  • Actividade dirixida a maiores de 14 anos
  • O obradoiro literario require inscrición previa en www.dacoruna.gal
  • A lectura final dos relatos creados no obradoiro será de acceso libre ata completar capacidade

Páxina web:

https://dacoruna.gal/biblioteca

Contacto:

Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Rúa Riego de Auga, 37 (15001 - A Coruña)

Tel.: 981 080 175

correo-e: biblioteca.info@dacoruna.gal

A xornada constará de 2 partes: 

1ª parte: taller de creación literaria. As persoas inscritas dividiranse en tres grupos de traballo coordinados por tres autoras de referencia da literatura galega contemporánea: Emma Pedreira, María Besteiros e Ana Varela. Ao longo de 2 horas, cada grupo construirá de maneira colectiva un relato curto en galego.

2ª parte: lectura pública. Os tres grupos reuniranse novamente nun espazo común aberto ao público xeral. As coordinadoras darán lectura aos relatos creados durante o obradoiro e compartirán unha conversa arredor da importancia de manter viva a literatura galega, así como da figura de Begoña Caamaño, homenaxeada nesta edición das Letras Galegas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión