Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Probas de avaliación para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix)

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca as probas de avaliación para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix) na Rede CeMIT nos seus niveis de iniciación e intermedio, correspondentes ao primeiro semestre do ano 2026, que teñen como finalidade demostrar os coñecementos, habilidades e actitudes propias das devanditas competencias.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

convocatorias en febreiro, abril e xuño de 2026

Inscricións:

diferentes prazos de inscrición para cada convocatoria 

Prezo:

gratuíto

Requisitos:

  • As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na web da rede CeMIT https://cemit.xunta.gal antes da finalización de cada prazo de inscrición indicado para cada nivel.
  • Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios
  • O prazo de inscrición correspondente a cada convocatoria, polo que en cada convocatoria só se poderá presentar unha solicitude por persoa participante para unha aula, un día e unha hora. As persoas que figuren rexistradas en máis dunha localidade ou quenda para o mesmo mes de probas o día de finalización do prazo de inscrición serán excluídas automaticamente do proceso de participación.

Páxina web:

https://cemit.xunta.gal

Contacto:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Cidade da Cultura. Monte Gaiás s/n (15707 - Santiago de Compostela)

Tel. 981 54 52 71

correo-e: amtega@xunta.gal

https://competenciasdixitais.xunta.gal

Publicación: DOG 16/01/2026

Establécense as seguintes convocatorias de probas:

Nivel

Convocatoria

Días das probas

Horarios

Prazo de inscrición

Iniciación

Febreiro

25, 26 e 27

10.00 h

12.00 h

16.30 h

Do 19 ao 28 de xaneiro

Intermedio

Abril

28, 29 e 30

10.00 h

12.00 h

16.30 h

Do 16 ao 25 de marzo

Iniciación

Xuño

17, 18 e 19

10.00 h

12.00 h

16.30 h

Do 4 ao 13 de maio

Os detalles de cada convocatoria, as aulas concretas en que se realizarán as probas, os horarios asignados a cada unha delas e o número de prazas ofertadas publicaranse na web da Rede CeMIT https://cemit.xunta.gal cunha antelación mínima dun mes respecto da data de inicio das probas.

Co fin de facilitar a preparación das probas de certificación, ponse ao dispor das persoas interesadas material formativo de apoio deseñado para proporcionar os coñecementos e as competencias necesarias para afrontar as probas de cada nivel. En función do nivel correspondente, estarán dispoñibles as seguintes formacións:

Nivel Iniciación

  • Empezamos! Que nivel de competencias teño? Introdución ao Marco galego de competencias dixitais.
  • ComDix I. Coñece a contorna dixital
  • ComDix II. Ten a información dixital sempre á man: buscar, seleccionar e gardar
  • ComDix III. Tecnoloxías dixitais
  • ComDix IV. Participa na sociedade dixital
  • ComDix V. Crea contidos dixitais
  • ComDix VI. Atopa o benestar dixital

Nivel Intermedio

  • Consulta e xestión da información dixital
  • Comunicación e colaboración
  • Creación de contidos dixitais
  • Benestar dixital: seguridade e privacidade
  • Contorna dixital e resolución de problemas

O acceso aos contidos pode realizarse en calquera momento e estarán dispoñibles permanentemente na plataforma de teleformación https://formacion-cemit.xunta.gal

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión