Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

3 operarios-peóns ou operarias-peoas no Concello de Sada

O Concello de Sada convoca procedemento para a selección de traballadores desempregados, para a súa contratación en réxime laboral temporal, ao abeiro da subvención concedida pola Deputación da Coruña (programa Pel-Concellos 2026). O sistema selectivo será o de concurso-oposición.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 27/04/2026

Requisitos:

  • Nacionalidade española ou nacional doutro Estado membro da Unión Europea, sen prexuízo do disposto no art. 57 do TREBEP respecto aos estranxeiros.
  • Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Non se esixe requisito de titulación. 
  • Ser demandantes de emprego inscritos como desempregados no Servizo Público de Emprego de Galicia.
  • Reunir polo menos un dos seguintes requisitos:
    • Muller
    • Persoas maiores de 45 anos
    • Persoas menores de 30 anos
    • Persoa desempregada de longa duración (mínimo dun ano inscritos como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego).
    • Persoas con discapacidade: aquelas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%.
    • Persoas en situación de drogodependencia
    • Persoas que vivan nun fogar onde ningunha teña emprego
    • Persoas con fogar monoparental
    • Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais
    • Persoas vítimas de violencia de xénero
    • Persoas sen fogar
  • Estar en posesión do título de acreditación do nivel de coñecemento de lingua galega CELGA 2 ou outros títulos oficiais equivalentes. No caso de non acreditalo realizarase unha proba.

Páxina web:

www.sada.gal

Contacto:

Concello de Sada

Avenida da Mariña 25. 15160 Sada (A Coruña)

Tfno: 981 62 00 75

Publicación: BOP 15/04/2026

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión