Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Bolsa de Técnico/a de Normalización Lingüística no Concello da Baña
O Concello da Baña convoca un proceso selectivo, por concurso-oposición, para elaborar unha bolsa de Técnico/a de Normalización Lingüística en réxime de persoal laboral temporal.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 05/05/2026
Requisitos:
Ter a titulación de Grao en Lingua Galega, a Licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués).
Estar en posesión do CELGA 5 ou equivalente (Serán validables polo certificado de lingua galega Celga 5 os títulos de licenciatura en Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección de galego-portugués), de grao en Lingua e Literatura Galega, en estudos de Galego e Español e en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios, calquera outro título de licenciatura, diplomatura ou grao, sempre que se acompañe da certificación de que se cursaron, polo menos, 18 créditos de lingua galega, e se estea en posesión do Celga 4, o certificado de aptitude do ciclo superior do primeiro nivel do idioma galego expedido polas escolas oficiais de idiomas, o certificado do nivel C2 de lingua galega do Marco europeo común de referencia para as linguas que, se é o caso, fose expedido polas escolas oficiais de idiomas).
Estar en posesión do permiso de conducir da clase B.
Carecer de antecedentes penais por delitos sexuais, acreditado mediante o Certificado de Delitos de Natureza Sexual, actualizado ao ano 2026.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible