Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Prazas de Profesor/a de música, Delineante, Operario/a e Auxiliar de axuda no fogar no Concello de Ribeira
O Concello de Ribeira convoca procesos selectivos para a cobertura en propiedade dunha praza de Profesor/a de música na especialidade de pedagoxía, unha praza de Delineante, unha praza de Operario/a de xardíns e unha praza de Auxiliar de axuda no fogar.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 27/04/2026
Requisitos:
Profesor/ de múcica:
Título Superior de Música, especialidade Pedagoxía, ou Título de Graduado/a en Música, especialidade Pedagoxía, ou Título de Profesor/a Superior dalgunha especialidade instrumental con maxisterio musical.
Celga 4 ou equivalente. No seu defecto, a persoa aspirante deberá acreditar o coñecemento da lingua galega coa realización dunha proba específica.
Delineante:
Título de formación profesional como técnico/a superior en proxectos de edificación ou proxectos de obra civil (título LOE) ou técnico/a superior en desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción ou en desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas (titulo LOGSE) ou equivalentes,
Celga 4 ou equivalente. No seu defecto, a persoa aspirante deberá acreditar o coñecemento da lingua galega coa realización dunha proba específica.
Operario/a de xardíns:
Certificado de escolaridade ou equivalente.
Celga 1 ou equivalente. No seu defecto, a persoa aspirante deberá acreditar o coñecemento da lingua galega coa realización dunha proba específica.
Permiso de conducir da clase B.
Auxiliar de axuda no fogar:
Certificado de escolaridade ou equivalente.
Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: Técnico/a en Atención a Persoas en Situación de Dependencia, ou título equivalente de técnico/a de Atención Sociosanitaria, ou no seu caso, calquera outro título que se publique cos mesmos efectos profesionais. Técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermería ou os títulos equivalentes de Técnico/a Auxiliar de Clínica, Técnico/a Auxiliar Psiquiatría e Técnico/a Auxiliar de Enfermaría ou no seu caso, calquera outro título que se publique cos mesmos efectos profesionais. Técnico/a superior en Integración Social, ou o título equivalente de técnico/a superior en Integración Social. Certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais, ou no seu caso, calquera outro certificado que se publique cos mesmos efectos profesionais. Certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio, ou no seu caso, calquera outro certificado que se publique cos mesmos efectos profesionais.
Estar en posesión do Celga 1 ou equivalente. No seu defecto, a persoa aspirante deberá acreditar o coñecemento da lingua galega coa realización dunha proba específica.
Estar en posesión do permiso de conducir da clase B.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible