Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.
222 resultados

Dende o 15/10/2025 ata o 30/06/2026
O MUNCYT Coruña, ofrece a través deste programa propostas divulgativas elaboradas arredor da colección do museo e, tamén, en relación coas diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas: visitas guiadas e xogos de pistas sobre a colección que se adaptan aos diferentes niveis educativos, e participación en obradoiros orientados á reflexión, experimentación e comprensión de fenómenos científicos relacionados coa colección do museo.

O Centro de Arte FMJJ organiza Unha rede, ciclo de cursos formativos dirixidos a docentes de todos os niveis educativos.

UN Etxea–Asociación do País Vasco para a UNESCO presenta a XVI edición do concurso internacional de audiovisuais “Dáme 1 Minuto de”, que este ano se centra nos dereitos culturais. O certame premiará as mellores pezas audiovisuais que defendan, promovan ou visibilicen estes dereitos fundamentais.

A Delegación de Mocidade do Concello de San Roque xunto á Asociación Mutantes Paseantes convoca a 30 edición do certame "Mutantes paseantes".

O curso está aberto ata o 31/12/2025.
Este curso da Santander Open Academy equiparache coas ferramentas e habilidades crave para crear e executar campañas de email márketing altamente efectivas e optimizar os teus obxectivos comerciais.

O curso está aberto ata o 31/12/2025.
Con este curso da Santander Open Academy descubrirás como aplicar técnicas de estudo probadas e efectivas, como: métodos de estudo activos e comprensivos, técnicas de memorización duradeira, como organizar o teu tempo e concentrarche mellor.

Aberto ata 31/03/2026
Santander Open Academy, iniciativa sen ánimo de lucro de Banco Santander, oferta este curso de 6 horas de duración, que poderás realizar ao teu ritmo, para axudarche a: prepararche para entrevistas de traballo en inglés con vocabulario e frases crave, dominar o elevator pitch e falar con naturalidade en contornas profesionais e participar con confianza en reunións, eventos de networking e procesos de selección internacionais.

A Fundación Barrié convoca a 37ª edición do Programa de Bolsas de Posgrao no estranxeiro, 10 bolsas para a realización de estudos conducentes á obtención do título oficial de máster, durante o curso académico 2026-27, en centros estranxeiros de referencia internacional.

Dende o 12/10/2025 ata o 21/12/2025
Velaquí a programación completa do Ciclo de Outono 2025 da Banda Municipal de Música da Coruña, baixo a dirección titular de Juan Miguel Romero Llopis. Os concertos será o Teatro Colón.

O Concello de San Xoán de Río, co apoio e patrocinio da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, convoca a cuarta edición do Premio de Novela da Galicia Rural.
resultados 222
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible