Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.
292 resultados

Dende o 24/09/2026 ata o 20/12/2026
Festival de cinema, no Teatro Colón, con grandes clásicos proxectados en versión orixinal subtitulada. Ao final de cada proxección desenvolverase un debate con distintas personalidades do ámbito cultural.

Dende o 18/09/2026 ata o 19/09/2026
Cruz Vermella imparte un curso co obxectivo de que as persoas participantes adquiran os contidos e coñecementos máis esenciais sobre Primeiros Auxilios destinados á atención de bebés e nenos.

Dende o 14/09/2026 ata o 26/10/2026
O Centro Asociado UNED Pontevedra organiza leste curso «Iniciación á lingua árabe» que está pensado para alumnado que non teña ningún coñecemento de árabe pero que estea interesado en adquirir un coñecemento xeral desta lingua: dominar a súa grafía, fonología e introducirse na gramática. Asistencia en liña en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro.

Dende o 14/09/2026 ata o 19/10/2026
O Centro Asociado UNED Pontevedra organiza este curso de iniciación ao portugués para aprender o idioma desde un punto de vista comunicativo e con base na oralidad. Asistencia en liña en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro.

Dende o 14/10/2026 ata o 15/10/2026
Formación impartida por Extensión Universitaria da UNED de Lugo. Asistencia en liña en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro.

Dende o 15/01/2026 ata o 12/03/2027
Curso para persoas desempregadas inscritos na Oficina de Emprego como demandantes de emprego co que se obterá o certificado profesional.

Rematado o proceso de admisión ao SUG para o curso 2026-2027, a Universidade de Santiago de Compostela abre o prazo de matrícula para as titulacións con prazas vacantes para inicio de grao.

Unha vez rematado o proceso de adxudicación de prazas no sistema universitario de Galicia para o curso 2026/2027, a Universidade de Vigo publíca a relación de prazas vacantes nas titulacións de grao.

Unha vez rematado o proceso de adxudicación de prazas no Sistema Universitario de Galicia para o curso 2026/2027, a Universidade da Coruña publíca a relación de prazas vacantes nas titulacións de grao.

No marco do Congreso DATAfórum Xustiza 2026, que terá lugar os días 21, 22 e 23 de outubro de 2026 na Coruña, lánzase a convocatoria artística “Arte e xustiza na era dos datos” co obxectivo de vincular elmundo da arte, a historia, a xustiza e a tecnoloxía nunha exposición colectiva de alto valor simbólico e plástico. Disciplinas artísticas admitidas: • Pintura • Fotografa • Escultura • Arte dixital
resultados 292
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible