Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Convocatorias

Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.

Non perdas

218 resultados

  • María Casares, Pedro Soler. Collioure 1989

    María Casares, Pedro Soler. Collioure 1989

    Cando:

    Dende o 05/11/2025 ata o 10/01/2026

    Na exposición da Casa Museo Casares Quiroga, poderás descubrir documentación inédita, arquivos sonoros e visuais, que trasladan aos días nos que a actriz galega, exiliada en Francia, e o guitarrista flamenco comezan os seus ensaios para o recital homenaxe a Machado na casa que a actriz tiña en La Vergne, a actual “Maison María Casarès”.

  • Premios Dádoris ao Mérito e Liderado para persoas novas preuniversitarias/os

    pernas de persoas sentadas nun banco, unhas delas sosteñen un computador portátil

    A Fundación Dádoris abre o prazo de solicitude da 9ª convocatoira dos Premios ao Mérito e Liderado 2026-2027, destinados a persoas novas de bacharelato con excelentes resultados académicos, en situación económica precaria (Limiar 1 Administración) e que queren cursar estudos superiores nunha universidade española.

  • XI Premio de Humor Gráfico Lorenzo Goñi

    Robot no campo

    O concello de Beas de Segura convoca a XI edición do premio de humor gráfico Lorenzo Goñi, no que se premiarán debuxos en clave de humor referentes á Intelixencia Artificial no medio rural.

  • VIII Premio “Laudamuco” para Textos Teatrais

    Pergamiño rodeado de elementos teatrais como máscaras, antifaces...

    O Concello de Brión, coa colaboración da Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas, convoca o VIII Premio “Laudamuco” para Textos Teatrais 2026, co obxectivo de estimular e apoiar a creación dramática en lingua galega.

  • II Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil

    Cartel do certame. Ilustración de Neira Vilas de perfil

    A Fundación Xosé Neira Vilas e a Editorial Galaxia, coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, convocan este premio co obxectivo de estimular a creación literaria, fomentar a lectura en lingua galega e proporcionar ao público xuvenil obras de calidade que o acheguen aos mundos da ficción e a imaxinación da novela.

  • Programa Integrado de Emprego - Fundación Paideia

    Cartel do programa.

    A Fundación Paideia pon en marcha este programa gratuíto que ten o obxectivo de adecuar as competencias profesionais e persoais das persoas participantes aos requerimentos de mundo laboral.

  • IX Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño

    Máscara de teatro

    O IES Ribeira do Louro, a Editorial Galaxia e o Concello do Porriño convocan este certame coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados e lidos por alumnado do ensino secundario. Asemade, preténdese honrar a figura de Roberto Vidal Bolaño.

  • Bolsas Manuel Olivencia

    Bolsas Manuel Olivencia

    a Fundación Cuatrecasas convoca as Bolsas Manuel Olivencia para estudantes de Dereito.

  • Proxecto Activa Verde: Plan de Actuación Integral (PAI) As Pontes de García Rodríguez- Meirama

    Cartel do programa sobre a fotografía dunha muller cuns planos.

    Cando:

    Ata o 30 de novembro de 2028.

    O obxectivo deste proxecto é contribuir a paliar as repercusións econòmicas e sociais derivadas da transición enerxética, en particular no que se refire á perda de postos de traballo prevista polo peche das centrais térmicas de Meirama e As Pontes na Coruña, así como a xerar emprego de calidade.

  • Actividades Muncyt 2025-2026 | Oferta para grupos e centros educativos

    portada folleto actividades: explora, descubre, crea. Oferta para grupos e centros educativos 2025-2026 MUNCYT Coruña

    Cando:

    Dende o 15/10/2025 ata o 30/06/2026

    O MUNCYT Coruña, ofrece a través deste programa propostas divulgativas elaboradas arredor da colección do museo e, tamén, en relación coas diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas: visitas guiadas e xogos de pistas sobre a colección que se adaptan aos diferentes niveis educativos, e participación en obradoiros orientados á reflexión, experimentación e comprensión de fenómenos científicos relacionados coa colección do museo.

resultados 218

Chinchetas nun calendario.

Convocatorias

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión