Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Convocatorias

Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.

Non perdas

221 resultados

  • Curso de monitor/a de tempo libre

    canoas de colores

    Cando:

    Dende o 12/01/2026 ata o 02/04/2026

    A Escola Galega de Tempo Libre organiza un curso de monitor/a de actividades de tempo libre, de luns a xoves en horario de mañá e modalidade mixta, presencial e online.

  • Curso de monitor/a de tempo libre (sábados)

    mochilas

    Cando:

    Dende o 24/01/2026 ata o 20/06/2026

    A Escola Galega de Tempo Libre organiza un curso de monitor/a de actividades de tempo libre que terá lugar os sábados en modalidade mixta, presencial e online.

  • Proba de Acceso á Universidade para maiores de 25 anos

    Aviso exames 25

    Cando:

    Os días 20/02/2026, 13/03/2026

    A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) convoca a Proba de Acceso á Universidade para as persoas maiores de 25 anos, correspondente ao ano 2026, no ámbito das tres universidades públicas de Galicia.

  • Axudas para participar no programa nacional "Centros de Educación Ambiental"

    Raposo no bosque.

    O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca axudas para complementar a educación ambiental do alumnado de ensinos non universitarios a través de actividades nos centros de educación ambiental de Viérnoles (Cantabria) e Villardeciervos (Zamora).

  • V Edición de "Efecto MIL"

    Cabeza dun mozo con emoticonos

    A Fundación Atresmedia lanza a quinta convocatoria de Efecto MIL conel obxectivo de impulsar o uso positivo das redes sociais entre a mocidade. Utilizando a súa creatividade e as súas habilidades de comunicación, deberán elaborar un vídeo que axude a sensibilizar en redes sociais sobre as oportunidades e os riscos do seu uso.

  • Axudas para fomentar a adopción de animais domésticos de compañía

    dous cans sentados de espaldas

    Co fin de animar á cidadanía a facerse cargo dun animal abandonado e por terceiro ano consecutivo, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático convoca unha liña de axudas destinadas a fomentar a adopción de animais domésticos de compañía acollidos nos centros de recollida autorizados.

  • Concurso de Artes Plásticas Dcoop

    Cartel do evento. Oliva verde

    O XII Concurso de Artes Plásticas Dcoop 2026 abre a súa convocatoria co obxectivo de fusionar arte e cultura agroalimentaria, apoiando a creatividade plástica desde unha perspectiva comprometida coa contorna rural.

  • Prazas na escala técnica de estatísticos da Xunta

    Muller traballando cun ordenador.

    Proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos.

  • 2 prazas de limpador/a do Concello de Foz

    pernas humanas ao lado aspirador industrial

    O Concello de Foz convoca proceso selectivo para a cobertura en propiedade, contratación laboral fixa a xornada completa, de dúas prazas de persoal laboral do posto de limpador/a, a través do procedemento de concurso-oposición.

  • 16ª Convocatoria Bienal de Artes Visuais mulier, mulieris

    mulier, mulieres #16 . 2026

    A Convocatoria Bienal de Artes Visuais mulier, mulieris enmárcase dentro do programa de actos desenvolvido pola Universidade de Alacante para conmemorar o Día Internacional das mulleres. Mulier, mulieris está dirixida a artistas de calquera sexo, idade e nacionalidade comprometidos coa creación de novos imaxinarios femininos.

resultados 221

Chinchetas nun calendario.

Convocatorias

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión