Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.
222 resultados

Dende o 04/12/2025 ata o 20/12/2025
A sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano presenta no mes de decembro o ciclo de cinema "Dereitos Humanos".

Dende o 05/12/2025 ata o 20/12/2025
A sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano presenta no mes de decembro o ciclo dedicado ao director de cine finlandés Aki Kaurismäki "A comedia de Kaurismäki".

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional ven de convocar o proceso de admisión para a 2ª edición da nova Formación Acelerada da FP.

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca prazas para auxiliares de conversación en Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Brasil, Canadá, Estados Unidos, Estonia, Francia, Irlanda, Italia, Malta, Noruega, Nova Zelandia, Portugal, Reino Unido, Suíza e Tailandia.

Proceso selectivo para o ingreso, polo sistema xeral de acceso libre e oposición, nos grupos profesionais I1 (250 prazas) e I2 (310 prazas) de persoal laboral, para desempeñar postos de traballo de información e asistencia.

Dende o 03/12/2025 ata o 29/12/2025
Axenda de concertos do mes de decembro no Jazz Filloa.

Dende o 02/12/2025 ata o 23/12/2025
A Filmoteca de Galicia presenta a súa programación para decembro que inclúe os ciclos "Despedida A Cuarta Parede" e "Territorios Mutantes: perforar as masculinidades", a 2ª parte do ciclo dedicado ao director xaponés Kiyoshi Kurosawa, continúa cos ciclos "Espello Vídeo Cine. Unha crónica da Galicia dos 80" e "Compartir o cinema: 20 anos de Cinema en Curso", e dedicará o ciclo "Desencadres" á cineasta experimental estadounidense Chick Strand . Todo isto xunto aos filmes integrados nas habituais seccións "Off Galicia" e "Filmoteca Jr."

Proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, na Escala de Titulados de Escolas Técnicas de Grao Medio de Organismos Autónomos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. O proceso selectivo realizarase mediante o sistema de oposición.

Proceso selectivo para a cobertura, pola quenda libre, de 2 prazas de enxeñeiro ou enxeñeira industrial (subgrupo A1) da escala de administración especial. O sistema de selección será o de oposición.

Proceso selectivo para a cobertura, pola quenda libre, dunha praza de técnico ou técnica superior de informática (grupo B). O sistema de selección será o de oposición.
resultados 222
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible