Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.
226 resultados

Proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de accesolibre, na Escala Auxiliar de Arquivos, Bibliotecas e Museos de Organismos Autónomos do Ministerio de Cultura. O proceso selectivo realizarase mediante o sistema de oposición.

A Fundación Bogliasco outorga bolsas residenciais dun mes a persoas de todas as idades e nacionalidades que estean a desenvolver un traballo novo e importante nas artes e as humanidades.

A Universidade de Santiago de Compostela convoca a terceira edición do "Certame de grupos musicais da USC", para fomentar e dar visibilidade á actividade artística e creativa no ámbito da música moderna da comunidade universitaria, polo que os grupos participantes terán que contar cun número mínimo de membro da USC.

O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Lentella de Terra de Campos convoca o XIII Concurso de Microrrelatos Lentella de Terra de Campos, para relatos orixinais entre 100 e 200 palabras que inclúan a palabra "lentella".

Procesos selectivos, por oposición, para cubrir unha praza de oficial administrativo (auxiliar, grupo C, subgrupo C2) e unha praza de oficial administrativo (administrativo, grupo C, subgrupo C1).

O programa Top Scientists é o concurso nacional da Fundación 3M, en colaboración con United Way España, co que se busca potenciar o talento e interese pola ciencia entre estudantes de 3º, 4º de ESO, 1º de Bacharelato e ciclos formativos de grao básico de España. Unha oportunidade de aprendizaxe única para que as novas xeracións convertan as súas ideas en realidade a través da ciencia, contribuíndo de forma positiva na sociedade.

A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan o concurso para elaborar unha exposición sobre a escritora e xornalista Begoña Caamaño, a figura homenaxeada en 2026 no Día das Letras Galegas, e sobre a situación sociolingüística do momento en que viviu.

A Fundación "a Caixa" convoca 100 bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades ou centros de investigación do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), América do Norte ou Asia-Pacífico.

Impulsa Emprego Novo é un proxecto de Axuda en Acción que xorde como unha ferramenta de acompañamento a persoas novas de entre 16 e 29 anos que buscan unha oportunidade laboral xerando, ademais, unha rede entre Administración Pública, empresas, entidades e persoas participantes no programa.

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes convoca as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor e condutora profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou persoas por estrada.
resultados 226
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible