Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.
231 resultados

O museo TEA, Tenerife Espazo das Artes, convida a artistas e colectivos a participar nesta convocatoria para desenvolver e presentar proxectos cuxa investigación e metodoloxía estean centradas no territorio e a comunidade, xa sexa desde a reflexión crítica, a intervención contextual ou a colaboración con axentes locais. Os procesos ou resultados destas propostas serán presentados nunha exposición colectiva en novembro de 2026 na sede do museo.

Dende o 22/01/2026 ata o 22/04/2026
A "Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia" organiza este curso en liña de lingua de signos española nivel B1.2.

de xaneiro a maio de 2026.
A "Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia" organiza este curso presencial de lingua de signos española nivel A2.

31/12/2025
O Club Deportivo Rialto, coa colaboración do Servizo Municipal de Deportes, organiza un ano máis a San Silvestre, a carreira máis divertida do ano que discurre por diversos lugares emblemáticos da cidade.

O Concello de Viveiro convoca proceso selectivo para a praza de funcionario/a profesor/a de música do conservatorio municipal; polo sistema de oposición.

22/12/2025
A Institución Benéfico Social Pai Rubinos organiza o seu tradicional concerto de Nadal no Palacio da Ópera. A Orquestra e o Coro Gaos interpretarán bandas sonoras de películas que irán acompañadas de diversas proxeccións e a especial intervención da Escola de Danza Druída.

Dende o 20/12/2025 ata o 04/01/2026
O Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón da Coruña e o Castro de Elviña celebran o Nadal ofertando de balde visitas guiadas e un taller infantil.

O Ministerio de Educación da República Popular China, de acordo co Plan Executivo subscrito co Goberno español, convoca 10 novas bolsas para o curso académico 2026-2027 para 5 modalidades de programas: Xeneral Scholar, Bachelor, Master's, Doutoral e Senior Scholar.

29/12/2025
A Agrupación Ío, en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, organizan esta charla de Martin Pawley, crítico e programador de cinema e coordinador dos grupos de traballo sobre contaminación luminosa e diversidade da Agrupación, que terá lugar no planetario da Casa das Ciencias.

Dende o 26/12/2025 ata o 30/12/2025
Este Nadal o auditorio do Fórum Metropolitano presenta "Monicreques 2025", un ciclo composto por cinco espectáculos de títeres para público familiar.
resultados 231
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible