Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Técnico Superior en Cerámica Artística

Nivel de estudos
Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño. Ciclo Superior (GRAO SUPERIOR)
Duración
1850 horas.
Información xeral
Centro onde se imparte: Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón
Requisitos
Acceso directo:
  • Títulados de técnico superior de artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada coas ensinanzas que se desexen cursar ou título declarado equivalente.
  • Título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato experimental.
  • Título superior de artes plásticas e título superior de deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
  • Título superior de conservación e restauración de bens culturais, nas súas diferentes especialidades.
  • Licenciatura en belas artes. Arquitectura. Enxeñería técnica en deseño industrial.
  • Quen acredite ter experiencia laboral de, polo menos, 1 ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder.

Acceso mediante proba específica:

  • Para as persoas que posúan o título de Bacharelato, ou título declarado equivalente.

Acceso mediante proba de madureza + proba específica

  • Para o alumnado que non reúna os requisitos académicos (a persoa que non dispoña do título de bacharel, ou equivalente, que deberá ter cumpridos os 19 anos)

*A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, pola proba a ciclos formativos de grao superior de FP ou pola proba de madureza de grao superior de ensinanzas deportivas.

Perfil profesional
Ámbito: Producción de obxectos desde a súa concepción á súa comercialización, como a definición das características técnicas e estéticas do producto, en estreita colaboración con outros técnicos de nivel superior, nas operacións de deseño, producción, selección e control de calidade.

Sectores: Talleres individuais de carácter artesán ou artístico, tamén inserción laboral na liña de producción da industria cerámica, que unifica e organiza os compoñentes formais e estéticos, tanto da producción de formas como da decoración.

Plano de estudos


Horas totais

Denominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

130

Debuxo

290

Volume

345

Taller cerámico

130

Historia da cerámica

65

Horas de libre disposición

4º, 5º e 6º trimestre

350

Taller cerámico

245

Proxectos de cerámica artística

65

Formación e orientación laboral

125

Proxecto final

105

Formación práctica en empresas, estudios ou talleres

Observacións
Acceso a outros estudos: Estudos universitarios de grao
Máis información

 

Normativa Legal
  • Ensinanzas Mínimas: R.D. 1458/1995 de 1 de setembro (BOE: 07/10/95)
  • Curriculo: R.D. 385/1998 de 13 de marzo (BOE: 08/04/98)
  • D 79/2002, do 14 de febreiro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño de cerámica artística (DOG: 21/03/02)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión