Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Técnico Superior en Ilustración

Nivel de estudos
Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño. Ciclo Superior (GRAO SUPERIOR)
Duración
1.950 horas.
Información xeral

Centros onde se imparte:

  • Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Failde
Requisitos
Acceso directo:
  • Títulados de técnico superior de artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada coas ensinanzas que se desexen cursar ou título declarado equivalente.
  • Título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato experimental.
  • Título superior de artes plásticas e título superior de deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
  • Título superior de conservación e restauración de bens culturais, nas súas diferentes especialidades.
  • Licenciatura en belas artes. Arquitectura. Enxeñería técnica en deseño industrial.
  • Quen acredite ter experiencia laboral de, polo menos, 1 ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder.

Acceso mediante proba específica:

  • Para as persoas que posúan o título de Bacharelato, ou título declarado equivalente.

Acceso mediante proba de madureza + proba específica

  • Para o alumnado que non reúna os requisitos académicos (a persoa que non dispoña do título de bacharel, ou equivalente, que deberá ter cumpridos os 19 anos)

*A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, pola proba a ciclos formativos de grao superior de FP ou pola proba de madureza de grao superior de ensinanzas deportivas.

Perfil profesional

Ámbito: Aplicar as diferentes técnicas e estilos utilizados neste campo profesional nas distintas áreas (axencias de publicidade, editoriais, estudios de deseño, prensa, arquitectura, televisión, etc.)

Sectores: Axencias de publicidade, editoriais, estudios de deseño, prensa arquitectura, televisión e como autónomo especializado nalgunha técnica ou estilo concreto; contratado como ilustrador en calquera das áreas citadas anteriormente (televisión, axencias de publicidade, editoriais, etc.), realizando traballos libres para a súa posterior comercialización.

Plano de estudos


Horas

Denominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

65

Teoría da imaxe

220

Debuxo artístico

220

Técnicas de ilustración

130

Técnicas gráficas tradicionais

130

Sistemas de representación espacial

130

Deseño gráfico asistido por ordenador

65

Horas de libre disposición

4º, 5º e 6º trimestre

110

Debuxo artístico

110

Historia da imaxe gráfica

65

Técnicas gráficas industriais

65

Teoría e práctica da animación de imaxes

195

Proxectos de ilustración

90

Fotografía

65

Formación e orientación laboral

185

Proxecto final

105

Formación práctica en empresas, estudios ou talleres

Observacións
Acceso a outros estudos: Estudos universitarios de grao
Máis información
Normativa Legal
  • Ensinanzas Mínimas: R.D. 1456/1995, de 1 de setembro (BOE: 6/10/95).
  • D 93/2002, do 14 de febreiro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño de ilustración (DOG: 03/04/02)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión