Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño. Ciclo Superior (GRAO SUPERIOR)
Duración
1.875 horas
Información xeral
Centro onde se imparte: Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo
Requisitos
Acceso directo:
Títulados de técnico superior de artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada coas ensinanzas que se desexen cursar ou título declarado equivalente.
Título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato experimental.
Título superior de artes plásticas e título superior de deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
Título superior de conservación e restauración de bens culturais, nas súas diferentes especialidades.
Licenciatura en belas artes. Arquitectura. Enxeñería técnica en deseño industrial.
Quen acredite ter experiencia laboral de, polo menos, 1 ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder.
Acceso mediante proba específica:
Para as persoas que posúan o título de Bacharelato, ou título declarado equivalente.
Acceso mediante proba de madureza + proba específica
Para o alumnado que non reúna os requisitos académicos (a persoa que non dispoña do título de bacharel, ou equivalente, que deberá ter cumpridos os 19 anos)
*A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, pola proba a ciclos formativos de grao superior de FP ou pola proba de madureza de grao superior de ensinanzas deportivas.
Perfil profesional
Ámbito: Proxección de obxectos artísticos de xoiería desenvolvendo o traballo de acordo co condicionantes que requira a súa fabricación, atendendo a tendencias de mercado e empresariais.
Sectores: O campo profesional abrangue tódolos sectores económicos, desde a grande á pequena empresa, con extensión ó taller artesanal, xa que este profesional poderá desenvolve-las súas funcións tanto por conta allea como por conta propia.
Plano de estudos
Horas totais
Denominación dos módulos
1º, 2º e 3º trimestre
445
Proxectos de xoiería
165
Tecnoloxía e microfusión
65
Horas de libre disposición
4º, 5º e 6º trimestre
95
Modelado e maquetismo
420
Taller de xoiería
95
Xemoloxía
65
Formación e orientación laboral
135
Proxecto final
105
Formación práctica en empresas, estudios ou talleres
Observacións
Acceso a outros estudos: Estudos universitarios de grao
Ensinanzas Mínimas: R.D. 1297/1995, de 21 de xullo (BOE: 15/09/95)
Currículo: R.D. 1574/1996 de 28 de xuño (BOE: 12/09/96)
D 124/2002, do 7 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño de xoiería artística (DOG: 16/04/02)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible