Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

28º Certame Nacional de Novos Cantautores/as de Elxe

O Concello de Elxe convoca unha nova edición do Certame de Novos Cantautores/as co obxecto de fomentar a actividade creadora das e os novos artistas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 26/10/2026

Requisitos:

  • Poderá participar no certame calquera mozo con residencia legal en España e que teña entre 14 e 30 anos cumpridos na data de fin de prazo de presentación de solicitudes.
  • Non poderán participar quen teña contrato discográfico vixente ou gañasen o PRIMEIRO PREMIO ou o PREMIO Á MELLOR CANCIÓN en edicións anteriores do certame.
  • Participarase con dúas cancións orixinais da súa autoría, en calquera estilo musical e lingua oficial do Estado, en arquivo de audio mp3 ou similar. A gravación destas cancións presentadas na solicitude deberá reflectir fielmente como serán interpretadas en directo durante a final do concurso. Non se admitirán cancións presentadas en anteriores edicións do certame, nin composicións que non sexan de autoría propia ou versións.
  • A solicitude, xunto coa requirida, poderase presentar a trevés da sede electrónica https://sede.elche.es ou en calquera das formas recollidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común da Administracións Públicas.

Remuneración / Custo:

  • Primeiro premio: 1.700 €
  • Segundo premio: 800 €
  • Premio especial do público "Ángel Alfosea": 700 €
  • Mellor canción en valenciano: 700 €
  • Mención ao mellor acompañamento musical: 300 €

Páxina web:

sede.elche.es

Contacto:

Concello de Elxe

Praza de Baix, 1. 03202 Elx / Elxe

tel: 966 658 000

e-correo: juventud@elche.es

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión