Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Admisión a ciclos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional, curso 2026/2027
Admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior, oferta ordinaria e oferta modular.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Dende o 15/06/2026 ata o 30/06/2026
até as 13.00h.
Requisitos:
Nota: débense realizar os trámites coa aplicación informática nun ordenador. Non é recomendable empregar un móbil. Os centros con oferta de FP sostida con fondos públicos teñen á disposición do alumando ordenadores, impresoras e asesoramento.
► Antes de iniciar o proceso consulta atentamente:
► Para os ciclos medios: ter ESO, FP básica, proba de acceso...
A admisión ao ciclo formativo de grao medio de Operacións Subacuáticas e Hiperbáricas requirirá ter 18 anos feitos no momento de presentación da solicitude, así como superar unha serie de probas físicas en instalacións en terra e en piscina, un exame médico específico, unha avaliación psicolóxica de aptitude para o mergullo profesional e unha proba de compresión e tolerancia ao osíxeno hiperbárico. A información sobre todo o relativo a requisitos e probas específicos estará dispoñible no centro onde se ofrece e na súa páxina web igafa.xunta.gal, Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA). Lugar Niño do Corvo s/n, CP 36626, Illa de Arousa (Pontevedra). Teléfono: 886 159 303/886 159 304.
► Para os ciclos superiores: ter bacharelato, CM, proba de acceso...
► Para a oferta modular: Ter 18 anos ou facelos no ano natural en que comece o curso escolar. Excepcionalmente, poderán acceder as persoas maiores de 16 anos que o soliciten e teñanun contrato laboral que lles impida acudir aos centros educativos pola oferta ordinaria.
Presentación de solicitudes do 15 de xuño até o 30 de xuño ás 13 h.
Resolución provisional de solicitudes 3de xullo.
Reclamación contra a resolución provisional do 3 ao 7 de xullo ás 13:00h.
Resolución definitiva de solicitudes 10 de xullo.
1ª adxudicación 10 de xullo.
Matrícula ou renuncia do 10 ao 15 de xullo ás 13:00h.
2ª adxudicación 20 de xullo.
Matrícula ou renuncia do 20 ao 23 de xullo ás 13:00h.
3ª adxudicación 27 de xullo.
Matrícula ou renuncia do 27 ao 29 de xullo ás 13 h.
Adxudicación continuada (chamamento): do 1 ao 25 de setembro ás 13 h.
Período de solicitude de matrícula simultánea:
Presentación de solicitudes (sempre que existan prazas disipoñibles) do 8 ao 11 de setembro ás 13:00h.
Matriculación (sempre que existan prazas dispoñibles e con resolución positiva do servizo de inspección educativa: do 15 ao 18 setembro ás 13:00h.
Pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos:
1º paso. Durante os períodos de solicitude establecidos (cumprindo os requisitos de acceso), utilizar o asistente informático para xerar unha solicitude web. Cando a aplicación o indique será necesario xuntar documentación ou entregar, dentro do prazo, unha copia da solicitude nun centro con oferta de FP sostida con fondos públicos.
2ºpaso. Consultar a resolución provisional de solicitudes.
3º paso. Reclamar, cando se atope algún erro na resolución provisional. No caso de detectarse erros nos datos da resolución provisional, a aplicación Ciclosadmisión permitirá ás persoas con solicitude facer unha reclamación.
4º paso. Consultar a resolución definitiva de solicitudes.
5º paso. Consultar a adxudicación de prazas. No caso de ter praza adxudicada, a aplicación permitirá matricularse ou renunciar. A renuncia para seguir en lista de espera das prazas de mellor opción só é necesario presentala no caso da oferta ordinaria.
Presentación de solicitudes: deberase cubrir unha única solicitude para cada grao (unha para CM e outra para CS).En cada solicitude poderá optarse a 4 opcións de centro e ciclo. A solicitude realizarase utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp. A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada.
Adxudicación de praza: As prazas adxudicadas publícanse nas listaxes de adxudicación. As persoas con praza adxudicada poden: matricularse ou renunciar.
Matricularte: pode facerse a través de 2 vías:
Matrícula nas prazas adxudicadas a través de internet na aplicación informática que atoparás no enderezo web www.edu.xunta.gal/fp. Para o acceso, entre outros procedementos de autenticación, será preciso cubrir os datos de identificación e do código da solicitude de admisión coa que se obtivo a praza adxudicada. O centro, durante a primeira semana de clase, solicitarache a xustificación do pagamento do seguro escolar e poderá solicitar a documentación relativa ao requisito de acceso. Non atender estes requirimentos pode ser causa de anulación da matrícula ou baixa de oficio. Calquera outra documentación que o centro considere necesaria non ten carácter obrigatorio de entrega por parte do alumnado.
Entrega no centro en que fose adxudicada a praza, persoalmente ou por persoa autorizada, no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación, o impreso de solicitude de matrícula dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp debidamente cuberto e asinado.
► Estar matriculada en ESO, bacharelato ou FP (incluída a FCT) ou ter unha praza adxudicada na FP Dual Intensiva, na Formación Acelerada ou dun Curso de Especialización de FP implica a exclusión dos procesos de admisión a ciclos formativos.
Renunciar á praza: poderás renunciar a unha praza adxudicada e permanecer no proceso de admisión, á espera de que che sexa adxudicada algunha das opcións de maior prioridade que a adxudicada. A renuncia afectará á praza que che fose adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. A renuncia deberase realizar a través da aplicación informática que se atopa no enderezo web www.edu.xunta.gal/fp, seguindo o procedemento que se habilite para esta finalidade. Tamén se poderá realizar a renuncia co impreso correspondente, que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp. Este documento, cuberto coa renuncia e asinado, deberase entregar no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación en calquera centro de Galicia con oferta de formación profesional sostida con fondos públicos ou no centro no que che fose adxudicada a praza á que vas renunciar.
Renunciar á adxudicación dunha praza da oferta ordinaria é condición indispensable para permanecer na listaxe de espera dos ciclos de maior preferencia que a praza adxudicada. .
Non matricularse nin renunciar: as persoas solicitantes con praza adxudicada que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á praza e só poderán matricularse no caso de existir prazas vacantes ou liberadas.
Presentación de solicitudes: deberá cubrirse unha única solicitude por cada grao (medio ou superior) e para cada modalidade (presencial ou semipresencial e a distancia) no que se desexe participar. En cada solicitude poderá optarse a 4 opcións de centro e ciclo con até 10 módulos cada unha. A solicitude realizarase utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp. A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para que sexa unha solicitude válida teña que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP sostida con fondos públicos para ser selada, datada e validada.
Itinerarios formativos recomendados. No enderezo web http://www.edu.xunta.gal/fp/itinerarios-adultos pódese consultar información sobre os itinerarios formativos recomendados e a orde en que é preferible cursar os módulos na oferta modular.
Nas datas establecidas, poderase consultar a situación individual das resolucións provisionais e definitivas de persoas solicitantes, así como a relación de persoas admitidas e en espera, no enderezo web www.edu.xunta.gal/fp. Para a consulta da situación individual pódese usar o DOI e o código da solicitude, usuario e contrasinal de edu.xunta.gal, chave 365 e certificado dixital.
Adxudicación de praza: As prazas adxudicadas publícanse nas listaxes de adxudicación.
- Praza adxudicada na modalidade a distancia:
Matrícula nas prazas adxudicadas a través de internet na aplicación informática que se atopará no enderezo web http://www.edu.xunta.gal/fp. Neste caso, non é necesario confirmar esta matrícula no centro educativo senón que este, durante a primeira semana de clase, solicitaralle ao alumnado matriculado por este procedemento a xusti¥icación do pagamento do seguro escolar e poderá solicitar a documentación relativa ao requisito de acceso.
Entrega no centro no que lle fose adxudicada a praza, persoalmente ou por persoa autorizada, no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación, o impreso de solicitude de matrícula dispoñible en http://www.edu.xunta.gal/fp debidamente cuberto e asinado.
- Praza adxudicada na modalidade presencial:
Solicitude/reserva de matrícula nas prazas adxudicadas a través de internet na aplicación informática que se atopará no enderezo web http://www.edu.xunta.gal/fp. Nesta modalidade, é posible facer a reserva dos módulos adxudicados, pero será obrigatorio entregar no centro unha única solicitude de matrícula segundo as instrucións que se publiquen, xa que de non facelo, esta non se formalizará e quedará anulada e sen efecto.
Entrega no centro en que lle fose adxudicada a praza, persoalmente ou por persoa autorizada, no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación, o impreso de solicitude de matrícula dispoñible en http://www.edu.xunta.gal/fp debidamente cuberto e asinado
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible