Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Ciclo SON&MAR

O ciclo SON&MAR chega á Coruña para converter o porto da cidade nun escenario musical á beira do Atlántico. A programación reúne unha ducia de citas entre setembro e outubro, con propostas que van desde a música electrónica e urbana ata os sons de raíz galega, pasando polos clásicos dos anos 90 e 2000.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 18/09/2026 ata o 11/10/2026

Páxina web:

https://sonemar.gal/coruna

Contacto:

PROGRAMA

Venres 18 de setembro

Gabry Ponte 

Dos tempos de Eiffel 65 aos seus éxitos actuais, Gabry Ponte abre o ciclo SON&MAR na Coruña cunha noite de dance e electrónica á beira do mar.

  • Horario: Ás 20:00h
  • Lugar: Porto da Coruña

*Evento só para maiores de 18 anos.

Entradas

Sábado 19 de setembro

Tardeo Pica Pop

Diversión, nostalxia e miles de piruletas gratuítas daranse cita nun evento deseñado para bailar ao ritmo dos mellores himnos dos anos 90 e 2000.

  • Horario: Ás 18:00h
  • Lugar: Porto da Coruña

*Evento só para maiores de 18 anos.

Entradas

Domingo 20 de setembro

Mundo juego

Xornada de balde dirixida a toda a familia e que fomenta o tempo de calidade compartido entre pais e fillos co xogo como escusa. Será un enorme salón temático con xogos, videoxogos, foodtrucks e deportes durante nove horas ininterrompidas.

  • Lugar: Porto da Coruña

Venres 25 de setembro

Mestiza presents: Sacro Galicia

Unha noite de sons electrónicos fronte ao Atlántico, da man de Mestiza e Wake Up! Electronic Parties.

  • Horario: Ás 19:00h
  • Lugar: Porto da Coruña

*Evento só para maiores de 18 anos.

Entradas

Sábado 26 de setembro

Dale Flow

A gran festa urbana con Omar Montes como cabeza de cartel. Reggaeton, trap e flamenco urbano á beira do mar.

  • Horario: Ás 18:00h
  • Lugar: Porto da Coruña

*Evento só para maiores de 14 anos.

Entradas

Domingo 27 de setembro

Orballo Cultural

Neste evento de balde, a música de raíz galega, tradición, identidade e novas miradas danse a man con Baiuca, Budiño, Catuxa Salom e Guilherme Zapata, coa Torre de Hércules como testemuña.

  • Lugar: Porto da Coruña

+ info na web: https://orballocultural.gal

Venres 2 de outubro

EQUIS

A proposta de vangarda centrada nas novas tendencias musicais contemporáneas e a cultura urbana actual.

  • Lugar: Porto da Coruña

Organizado por: https://www.instagram.com/mestizo.coruna

Sábado 3 de outubro

Treboa Sonora

O gran escaparate do talento galego co rock e a identidade de The Rapants como primeiros confirmados.

  • Lugar: Porto da Coruña

Organizado por: https://www.instagram.com/venuesproducciones

Domingo 4 de outubro

MESTIZO Sport Club

O concepto de tardeo que arrasa na cidade levado a outro nivel nunha experiencia colectiva e de balde que fusiona música, deporte, coctelería e gastronomía á beira do mar.

  • Horario: De 11:00 a 23:00h
  • Lugar: Porto da Coruña

Organizado por: https://www.instagram.com/mestizo.coruna

Venres 9 de outubro

Bresh XXL · by Bacardí & Cola

«A festa máis linda do mundo» aterra no ciclo. Bresh, o fenómeno nacido en Bos Aires que xa enche recintos en toda España e Latinoamérica, presenta unha edición XXL by Bacardí & Cola: oito horas de festa, con reggaeton, pop, cumbia e todos os himnos para cantar e bailar sen parar.

  • Horario: Ás 18:00h
  • Lugar: Porto da Coruña

*Evento só para maiores de 18 anos.

Entradas

Sábado 10 de outubro

One Dance · Edición Tardeo

O festival dance das décadas dos 90, 2000 e 2020 chega ao ciclo na Coruña cunha edición tardeo á beira do mar. O mellor de sempre con Safri Duo, ItaloBrothers e Lasgo.

  • Horario: Ás 18:00h
  • Lugar: Porto da Coruña

*Evento só para maiores de 18 anos.

Entradas

Domingo 11 de outubro

WAKEUP! Festival

A gran cita coa música electrónica internacional que pecha por todo o alto o ciclo Son e Mar A Coruña, cun line-up de primeiro nivel mundial que inclúe artistas como Franky Rizardo, Mau P, Nic Fanciulli e Toman.

  • Horario: Ás 18:00h
  • Lugar: Porto da Coruña

*Evento só para maiores de 18 anos.

Entradas

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión