Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Concursos Entroido 2026

O Concello da Coruña, a través do IMCE (Instituto Municipal Coruña Espectáculos), publica as bases para inscribirse nos concursos do Entroido deste ano na cidade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

O prazo de inscrición nos concursos de comparsas e carrozas remata o 30 de xaneiro, e a inscrición nos concursos de choqueiras/os realizarase o mesmo día da súa realización, o 17 de febreiro

Requisitos:

  • Comparsas: poderán formar parte do concurso persoas ou entidades, con agrupacións dun mínimo de 10 participantes disfrazados para a ocasión. 
    • - Modalidade música e letra: deberán participar nun Festival que terá lugar o sábado 7 de febreiro ás 18:00 h. interpretando 2 cancións durante máximo de 4 minutos por canción.
    • - Modalidade vestiario e coreografía: deberán participar no desfile de carrozas e comparsas que se celebrará o sábado 14 de febreiro a partir das 17:30 horas no percorrido que se indique pola organización
  • Carrozas: poderán formar parte do concurso persoas ou entidades con agrupacións dun mínimo de 10 participantes disfrazados para a ocasión que constrúan unha carroza para asistir con ela ao desfile de carrozas e comparsas que se celebrará o sábado 14 de febreiro a partir das 17:30 h. no percorrido que se indique pola organización.
  • Choqueiros/as:
  • Persoas que, sen utilizar traxes comercializados, se disfracen utilizando a súa propia inventiva e atavíos convencionais para resultar estrafalarios.
  • Os concursos desenvolverase o martes 17 de febreiro nun escenario instalado na Rúa da Torre ou onde se determine pola organización.
    • - Modalidade infantil: poderán participar no concurso os nenos e nenas nados a partir do 1 de xaneiro de 2014.
    • - Modalidade familiar: a participación pode ser familiar ou en grupos de varias familias. As persoas adultas acompañarán aos nenos e nenas e, como mínimo, 2 deles teñen que cumprir co requisito da idade.
    • - Modalidade individual/grupo: poderán participar todas as persoas nadas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2014 que se inscriban nunha única modalidade (individual ou de grupo). As persoas menores de 18 anos, deberán ser acompañados e representados por un adulto.

Remuneración / Dotación:

Diferentes premios segundo modalidade de participación:

  • - Carrozas e comparsas: varios premios por cada modalidade, con cuantías desde os 500 € aos 3.500 €
  • - Choqueiras/os modalidades infantil/familiar: varios premios de vales para lotes de libros de literatura infantil e para terrinas de Bico de Xeado, con valores dende os 50 € aos 150 €.
  • - Choqueiras/os modalidades individual/grupo: varios premios con cuantías dende os 150 € aos 1.000 € e 100 lotes de Entroido

Páxina web:

www.coruna.gal/cultura

Contacto:

- Concello da Coruña

Praza de María Pita (15001 - A Coruña)

Tel. 981 184 200 / Tel. información do Concello 010

- Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Casa Paredes: Avda. da Marina, 18 (15003 - A Coruña)

correo-e: entroido.imce@coruna.gal

Modalidades de participación:

  • Comparsas
    • Música e letra
    • Vestiario e coreografía
  • Carrozas
  • Choqueiros/as
    • Modalidade infantil: 
      • Individual
      • Familiar
    • Modalidade individual
    • Modalidade grupo

Inscrición

  • Para os concursos de comparsas e carrozas: mediante envío de correo-e a entroido.imce@coruna.gal ou nas oficinas do IMCE (Avenida da Marina, 18. 15003 -  A Coruña) no prazo de 10 días naturais desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria na web (20/01/2026)
  • Para os concursos de choqueiros/as:
    • Modalidades infantil/familiar: presencialmente o mesmo día da súa realización desde unha hora antes no lugar no que vai ter lugar (martes 17 de febreiro ás 17:00 horas no Campo da Leña, ou onde se determine pola organización)
    • Modalidades individual/grupo: presencialmente o mesmo día da súa realización (martes 17 de febreiro ás 20:00 h.) desde unha hora antes na entrada principal da Escola Municipal de Música (Rúa da Torre, 67).

*Consultar bases completas en www.coruna.gal/cultura

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión