A escola superior Marcelo Macías organiza o curso “Design Sprint – Aprende a deseñar, prototipar e testar ideas”, o cal ofrece unha experiencia práctica e intensiva na que se aprenderá, paso a paso, como transformar unha idea nun prototipo de web ou app.
Para público en xeral
Dende o 23/02/2026 ata o 13/04/2026, os luns
De 19 a 21 h
*23 de marzo e 13 de abril de 18 a 21h
350 €
*Posibilidade de bonificar o curso a través de FUNDAE
É necesaria inscrición previa.
Escola superior Marcelo Macías
Marqués de Amboage nº12 - 1º
15006 - A Coruña
Tel: 981 235 265 / 698 198 265
E-correo: escuela@marcelomacias.com
Estrutura e contidos:
Sesión 1 - Introdución ao Design Sprint (2h)
Que é, cando aplicalo e beneficios.
Roles, ferramentas e materiais necesarios.
Presentación do reto dixital sobre o que se traballará.
Sesión 2 - Fase 1: Entender (2h)
Obxectivos.
Mapeo do reto e do percorrido do usuario.
Definición de obxectivos e preguntas crave.
Técnicas de How Might We e priorización.
Sesión 3 - Fase 2: Idear (2h)
Benchmarking rápido e inspiración.
Sketching e dinámicas de creatividade.
Presentación e votación de ideas.
Sesión 4 - Fase 3: Decidir (2h)
Avaliación e selección da proposta final.
Creación do storyboard do prototipo.
Sesión 5 - Fase 4: Prototipar (3h)
Uso de ferramentas como Figma ou Miro.
Construción dun prototipo interactivo de web ou app.
Sesión 6 - Fase 5: Testear (3h)
Test con usuarios/as reais.
Análise de resultados e aprendizaxes.
Presentación final dos proxectos.
Dende o 08/02/2026 ata o 27/02/2026
Dende o 07/02/2026 ata o 28/02/2026
Ata o 13/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible