Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Espazos Sonoros "Persistencias"

Espazos Sonoros é un festival que une música, patrimonio e territorio galego, ofrecendo concertos e actividades en espazos singulares da provincia da Coruña. Unha proposta para descubrir lugares e paisaxes desde unha perspectiva cultural diferente, combinando a experiencia musical co coñecemento e posta en valor do patrimonio.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/09/2026 ata o 08/10/2026

Inscricións:

Algunhas actividades requiren de inscrición previa, no correo-e: actividades@espazossonoros.org

Número de prazas:

Limitado.

Prezo:

De balde.

Páxina web:

https://espazossonoros.org

Contacto:

Documentos:

programa.pdf (2 MB)

PROGRAMA

Sábado 5 de setembro

Visita guiada á igrexa de San Tomé de Monteagudo (Arteixo)

  • Hora e lugar de encontro: 18.00 h, no adro da igrexa
  • Inscrición: non é precisa inscrición

Concerto de Le Miroir de Musique, especializado na música de transición entre a Idade Media e o Renacemento.

  • Hora e lugar: 20.00 h, na igrexa de San Tomé de Monteagudo (Arteixo)

Sábado 12 de setembro

Percorrido polo Betanzos monumental

  • Hora e lugar de encontro: 16.00 h, na praza Irmáns García Naveira, xunto á estatua dos Irmáns García Naveira 
  • Duración do percorrido: 2 h aprox.
  • Dificultade: baixa
  • Capacidade máxima: 65 persoas
  • Inscrición: do 8 ao 10 de setembro en actividades@espazossonoros.org

Concerto de Das Kolorit, grupo especializado na interpretación, con instrumentos históricos, de música de cámara virtuosa.

  • Hora e lugar: 19.00 h, no Teatro-Cine Alfonsetti, (Betanzos)

Sábado 19 de setembro

Pequeno percorrido polos muíños do río das Gándaras (Vilasantar)

  • Hora e lugar de encontro: 16.00 h, na igrexa de Santa María de Mezonzo
  • Duración: 2 horas aprox.
  • Distancia: 4,5 Km
  • Dificultade: media-alta
  • Capacidade máxima: 70 persoas
  • Inscrición: do 15 ao 17 de setembro en actividades@espazossonoros.org

Concerto de Reïna Lupa, que propón unha selección de madrigais e motetes para voz solista e dúo, xunto a obras de importantes compositores da vida musical veneciana.

  • Hora e lugar: 19.00 h, no Santuario da Nosa Señora da Laxe (Vilasantar)

Sábado 26 de setembro

A Pobra de Valle-Inclán: un paseo entre historia e literatura (A Pobra do Caramiñal)

  • Hora e lugar de encontro: 17.00 h, no Museo Valle Inclán
  • Duración do percorrido e visita: 2 horas e media aprox.
  • Dificultade: baixa
  • Capacidade máxima: 60 persoas
  • Inscrición: do 22 ao 24 de setembro en actividades@espazossonoros.org

Concerto de Sara Ruiz, violagambista española máis recoñecida do panorama internacional.

  • Hora e lugar: 20.30 h, na igrexa de Santiago da Pobra do Deán (A Pobra do Caramiñal)

Domingo 27 de setembro

O Forno do Forte: barro, oficio e tradición (Malpica de Bergantiños)

  • 12.00 h - Encontro na entrada do Ecomuseo Forno do Forte e inicio das actividades
  • 14.00 h - Xantar libre
  • 16.30 h - Continúan as actividades
  • 18.30 h - Apertura de portas para o concerto do grupo Abeiro
  • Capacidade máxima: 75 persoas
  • Inscrición: do 22 ao 24 de setembro en actividades@espazossonoros.org

Concerto do Dúo Abeiro, formado por dous músicos que combinan o violonchelo e a guitarra.

  • Hora e lugar: 19.00 h, no Ecomuseo Forno do Forte (Malpica de Bergantiños)

Sábado 3 de outubro

Visita contada por Quico Cadaval á igrexa de Santa María de Cuíña

Precisamente na igrexa de Cuíña, se atopa unha interesante representación da Morte que permite achegarse a esa visión medieval na que o alén e a fin da vida estaban presentes de maneira constante. A través dunha narración en movemento, que comezará en San Nicolao de Cis e na que Quico Cadaval activa a tradición oral, a ironía, o humor e a reflexión histórica, o patrimonio transfórmase nun relato compartido.

  • Hora e lugar de encontro: 16.00 h, na igrexa de San Nicolao de Cis
  • Duración do percorrido e visita: 2 h aprox.
  • Distancia a pé: 3 km
  • Dificultade: baixa
  • Capacidade máxima: 60 persoas
  • Inscrición: do 29 de setembro ao 1 de outubro en actividades@espazossonoros.org

Concerto do Grupo 1500, que aborda os cinco prantos que teñen relación coa historia do Reino medieval de Galicia.

  • Hora e lugar: 19.00 h, na igrexa de San Nicolao de Cis (Oza Cesuras)

Xoves 8 de outubro

Serán Galego en Viena (3ª edición) - Galicische Nacht in Wien

A serie Serán Galego en Viena naceu hai tres anos coa idea de difundir a música, a lingua e a literatura galegas nesta cidade e estreitar lazos culturais coa capital austríaca. O programa deste ano está adicado ao etnomusicólogo e investigador Jesús Bal y Gay, polo que se abordarán as súas propias pezas tradicionais galegas incluídas no seu cancioneiro e pezas do século XVI transcritas por el mesmo.

  • Hora e lugar: 19.30 h, en Sargfabrik, Penzing (Viena)

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión