Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

IX Concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal

O dominio PuntoGal e a Real Academia Galega organizan conxuntamente un concurso de microrrelatos que ten como obxectivo reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 28/02/2026

Requisitos:

  • Poderán concursar todas as persoas que o desexen. As persoas menores de idade deberán acompañar o microrrelato dunha autorización do pai, nai ou titor/a legal.
  • Establécense tres categorías:
    • - Infantil: ata 11 anos 
    • - Xuvenil: de 12 a 17 anos
    • - Adultos/as: de 18 anos en adiante
  • Os relatos terán unha extensión máxima de 200 palabras, deberán estar escritos en lingua galega, o tema será libre e deben ser de autoría orixinal do participante
  • Cada participante poderá presentar un máximo de dous microrrelatos a través do sitio web https://relatos.gal

Remuneración / Custo:

3 premios por cada categoría:

  • Infantil:
    • - 1º premio: un kindle a cor ou similar e lote de libros infantís.
    • - 2º premio: un kindle ou similar e lote de libros infantís.
    • - 3º premio: lote de libros infantís.
  • Xuvenil
    • - 1º premio: un kindle a cor ou similar, lote de libros xuvenís e dominio gratuíto .gal durante un ano.
    • - 2º premio: un kindle ou similar, lote de libros xuvenís e dominio gratuíto .gal durante un ano.
    • - 3º premio: lote de libros.
  • Persoas adultas
    • - 1º premio: un MacBook Air, lote de libros, dominio gratuíto .gal durante un ano e subscrición anual dixital á revista Luzes.
    • - 2º premio: un kindle ou similar, lote de libros, dominio gratuíto .gal durante un ano e subscrición anual dixital á revista Luzes.
    • - 3º premio: lote de libros e subscrición anual dixital á revista Luzes

Páxina web:

https://relatos.gal

Contacto:

- Real Academia Galega

Rúa Tabernas, 11 (15001 - A Coruña)

Tel.: 981 207 308

correo-e: comunicacion@academia.gal

- Dominio PuntoGal

Rúa Mestranza, 9 (15001 - A Coruña)

Tel.: 670 226 268

correo-e: info@dominio.gal

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión