Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Orzamentos participativos 2026

O Concello da Coruña pon en marcha os Orzamentos participativos 2026. Nesta primeira fase de recollida de propostas podes propoñer as túas ideas e proxectos de investimento para a cidade e para os seus barrios. Decide en que investir 2,6 millóns de euros do orzamento municipal do 2026.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Recollida de propostas: 25 de maio - 19 de xuño de 2026.

Votación final: 17 de xullo - 31 de agosto de 2026.

Requisitos:

  • Calquera persoa empadroada na Coruña e maior de 16 anos pode propoñer algún investimento para a cidade e para os seus barrios.

Páxina web:

https://nacorunacontas.coruna.gal/

Contacto:

Concello da Coruña

  • Teléfono de atención ao cidadano: 010
  • FAQ: https://nacorunacontas.coruna.gal/help/faq
  • Puntos de apoio presencial repartidos por toda a cidade, onde che ofrecerán a información, a axuda e os medios necesarios para presentar as túas propostas: Centros Cívicos Municipais, as oito bibliotecas municipais, os Espazos de Información Xuvenil e a Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana (FAVA).

FASES DOS ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS

Recollida de propostas: Do 25 de maio ao 19 de xuño

Calquera persoa empadroada na Coruña e maior de 16 anos pode propoñer algún proxecto de investimento para a cidade e para os seus barrios.

Para que unha proposta sexa válida, ten que cumprir os seguintes requisitos:

  • Ser un investimento: basicamente todo o que o concello pode construír ou adquirir que teña unha duración superior a un ano, que non se consuma co uso, que se poida inventariar e non sexa un gasto reiterativo.
  • Ser competencia do concello: hai gastos que son competencia da Xunta de Galicia ou da Administración do Estado e que os concellos non poden facer.
  • Ser legal: estudarase se hai algunha normativa contraria á proposta ou se non favorece o ben común.
  • Ser viable tecnicamente. 
  •  Non prevista en plans vixentes.
  •  Rango orzamentario: o custo estimado da proposta debe situarse dentro dos límites mínimo e máximo fixados para cada ámbito. Comproba canto orzamento lle corresponde a cada barrio en https://nacorunacontas.coruna.gal/help. Se a proposta é de cidade, o límite son 500.000 €

Presentación: As propostas preséntanse prioritariamente a través da web https://nacorunacontas.coruna.gal/, pero se prefires a participación presencial, podes facelo nas oficinas dos rexistros municipais de María Pita, Ágora e Fórum.

Ademais, podes acudir aos puntos de apoio presencial repartidos por toda a cidade, onde che ofrecerán a información, a axuda e os medios necesarios para presentar as túas propostas (Ccntros cívicos, bibliotecas municipais e espazos xuvenís)

As propostas presentadas son visibles na plataforma dende o momento en que se rexistran, identificadas como propostas recibidas

Filtrado e valoración técnica

Tras a fase de presentación, todas as propostas pasan por un filtrado de admisibilidade que verifica oito criterios obxectivos: competencia municipal, natureza de investimento, titularidade municipal do espazo, rango orzamentario, non duplicidade con outras propostas, ausencia de trámites previos complexos, non coincidencia con plans xa en marcha e estabilidade orzamentaria.

As propostas admitidas pasan a unha valoración técnica e económica, na que se elabora un informe técnico de execución por proposta co seu encaixe técnico-xurídico, orzamento estimado con marxe de continxencia, prazo de execución e observacións relevantes. Estes informes son os que se cargan na plataforma como soporte de cada proposta para a fase de votación.

Votación final: Do 17 de xullo - 31 de agosto de 2026

Na fase de votación decides como se asignan os 2.600.000 € que o Concello destina a esta edición dos Orzamentos Participativos.

Cada persoa empadroada na Coruña e maior de 16 anos pode votar:

  • unha ou varias propostas para toda a cidade, ata esgotar a dotación asignada ao ámbito de cidade;
  • e unha ou varias propostas nun máximo de tres distritos a libre elección, ata o importe total asignado a cada un deses distritos.

Podes votar na web ou de forma presencial nas urnas itinerantes que se instalarán en distintos puntos da cidade. As propostas gañadoras incorpóranse ao orzamento municipal mediante unha modificación orzamentaria que se eleva ao Pleno municipal. Aprobada polo Pleno, publícase o cadro de resultados e actívase o panel público de seguimento da execución, onde poderás consultar o estado de cada proxecto durante todo o período de execución (2026-2028).

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión