Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Ata o 14/04/2026
A Asociación PDS -Promoción e Desenvolvemento Social‐ no marco do Programa “O teu Punto" de prevención do consumo problemático de drogas e outras condutas adictivas dirixido a alumnado universitario e de ensinos postobligatorias, convoca unha nova edición do Concurso “Adiccións: O teu punto de mira” nas súas tres modalidades: vídeos en YouTube, vídeos en TikTok e carteis en Instagram.
Ata o 31/12/2025
O Concello de Foz convoca proceso selectivo para a cobertura en propiedade, contratación laboral fixa a xornada completa, dunha nraza de persoal laboral do posto de auxiliar administrativo/a, a través do procedemento de concurso-oposición.
Ata o 22/12/2025
ás 12:00h.
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca axudas para participar no programa nacional Recuperación e utilización educativa de pobos abandonados en Granadilla (Cáceres), Umbralejo (Guadalaxara) e Búbal (Huesca).
Ata o 31/12/2025
O Concello de Foz convoca proceso selectivo para a cobertura en propiedade, contratación laboral fixa a xornada completa, de unha praza de persoal laboral do posto coordinador lixo condutor, a través do procedemento de concurso-oposición.
Ata o 31/12/2025
O Concello de Foz convoca proceso selectivo para a cobertura en propiedade, contratación laboral fixa a xornada completa, de catro prazas de persoal laboral do posto de operario/a limpeza viaria, a través do procedemento de concurso-oposición.
Ata o 31/12/2025
O Concello de Foz convoca proceso selectivo para a cobertura en propiedade, contratación laboral fixa a xornada completa, de dúas prazas de persoal laboral do posto de operario/a servizo lixo, a través do procedemento de concurso-oposición.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible