Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

38 resultados

  • Accesibilidade web: Cumpre a lei, sitúa mellor a túa web, consigue máis clientela e coida a RSC da túa empresa aproveitando o Kit Dixital

    Infografía dun grupo de persoas unidas por unha liña

    Cando:

    22/05/2025

    A Cámara de Comercio organiza esta xornada tecnolóxica en liña gratuíta para pemes, autónomos e persoas emprendedoras, que ten como obxectivo abordar a importancia dos novos requisitos obrigatorios de accesibilidade web, que se aplicarán oficialmente en xuño de 2025.

  • Excel-de básico a intermedio

    Fotografía duns gráficos.

    Cando:

    Aberto ata o 30/09/2025.

    Santander Open Academy organiza esta formación en liña e gratuíta que poderás realizar ao teu ritmo.

  • Programa de Bolsas IBM - Fundae: Certificado Usos profesionais da Intelixencia Artificial Xenerativa

    Infografía de dúas persoas interactuando nunha pantalla e un robot.

    Cando:

    Dende o 26/05/2025 ata o 13/07/2025

    Inscricións:

    Ata o 21/05/2025

    Formación gratuíta ofrecida por IBM, en colaboración con Fundae. Ao longo deste curso, descubrirás os fundamentos da IA, desde conceptos básicos ata aplicacións avanzadas, e aprenderás a utilizar ferramentas como ChatGPT, Midjourney, Freepik, entre moitas outras, para resolver problemas, crear contido e mellorar a produtividade.

  • Charla sobre "Viaxar soa en furgoneta"

    Portada curso da páxina da UNED

    Cando:

    22/05/2025

    Inscricións:

    Formulario de inscrición

    A UNED do Porriño organiza esta charla, dispoñible tanto en liña como presencial, onde se ofrece unha guía completa para iniciarse nas viaxes en furgoneta, xa sexa en solitario ou en compañía. Desde como elixir a furgoneta adecuada ata a planificación do percorrido, compártense consellos prácticos para vivir de forma cómoda e económica na estrada. Ademais, abórdanse aspectos clave como a seguridade, o benestar persoal e o valor do apoio comunitario, con especial atención ás experiencias de mulleres viaxeiras.

  • Xoves de Achegas na Nave03 "LIKEA(TE): A TÚA BELEZA NON PRECISA FILTROS"

    Achegas LIKEA(TE).

    Cando:

    29/05/2025

    Inscricións:

    Ata o 27/05/2025

    Cal é o impacto das redes sociais na nosa autoestima? Como inflúen nas relacións que establecemos con outras persoas? Nesta actividade reflexionaremos sobre o impacto que teñen as diferentes plataformas dixitais no noso benestar emocional.

  • Formación para persoas emprendedoras - Centro Municipal de Empresas

    Fotografía dunha reunión.

    A Concellería de Emprego, Comercio e Mercados do Concello da Coruña organiza dous cursos de formación gratuítos, de 20 horas de duración cada un deles, para persoas emprendedoras: elaboración dun plan de empresa e comercialización e venda.

  • Introdución aos fundamentos da intelixencia artificial xenerativa

    Montaxe fotográfica cun teclado e unhas infografías de símbolos académicos (birrete, libro...).

    Inscricións:

    É imprescindible que completes o módulo 1 "Introdución a Microsoft Copilot" antes do 30 de xuño de 2025 para poder acceder a todos os módulos. Unha vez superado, dispoñerás dun ano desde a túa inscrición para acceder ao resto dos módulos e certificacións do curso.

    A Fundae e a iniciativa AI National Skills de Microsoft organizan esta formación gratuíta e en liña, cuxo obxectivo é impulsar a adopción da IA na educación de maneira segura, inclusiva e responsable e asegurar que o seu impacto beneficie a toda a sociedade.

  • Curso de márketing dixital

    Fotografía dunhas gráficas con estadísicas.

    Cando:

    Aberto ata o 30/09/2025

    Santander Open Academy organiza esta formación en liña e gratuíta que poderás realizar ao teu ritmo. Percorrido pola arte e a ética do storytelling na era do márketing dixital.

  • Escola da bici - Cursos maio 2025

    Fotografía dunhas bicicletas.

    A Asociación Mobi-liza realizará formacións en distintos niveis, tanto para adultos como para a infancia.

  • Espazo Diverso: programación maio

    logo Espazo Diverso

    Cando:

    Dende o 09/05/2025 ata o 30/05/2025

    O Espazo Diverso, espazo municipal das diversidades sexuais e identidades de xénero, abre o prazo de inscrición para as actividades e obradoiros que oferta para o mes de maio.

resultados 38

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión