Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Ciclo temático "Pensa global, actúa local"

Novo Ciclo Temático na Biblioteca Fórum Metropolitano baixo o título "Pensa global, actúa local", dende o 26 de setembro ata o 11 de decembro.

Este ciclo, feito en colaboración coa Asociación de veciños Oza, A Gaiteira, Os Castros, acompaña o seu proxecto "Barrios 2030: Fomento da participación cidadá a través dos ODS".

Pensa global, actúa local

A expresión urxe á poboación a ter en conta a saúde do planeta no seu conxunto e a realizar accións pequenas nas súas propias comunidades. Moito antes de que as leis ambientais comezasen a aparecer, existían moitos individuos unidos para protexer os hábitats e os organismos que dependen deles. Estes esforzos coñécense como esforzos de base ou de raíz e ocorren a nivel local e de forma voluntaria, polo que nos axuda moito a todos a que teñamos un mellor planeta.

Na Biblioteca teremos una Mostra Bibliográfica para todas as idades na que faremos fincapé nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Haberá una selección de materiais para coñecer e ampliar información sobre o conxunto de obxectivos globais para erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todos como parte dunha nova axenda de desenvolvemento sustentable. Cada obxectivo ten metas específicas que deben alcanzarse nos próximos anos.

Proxecto Barrios 2030: Fomento da participación cidadá a través dos ODS

Este proxecto está baseado no fomento da participación cidadá para sumar na consecución das metas dos Obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) a nivel local que a súa vez contribúan ao desenvolvemento da Axenda 2030 a nivel Global. Os ODS e as súas 169 metas son unha das expresións máis significativas e cuantificables da cidadanía mundial.

As Nacións Unidas aprobaron os ODS no septuaxésimo período de sesións da Asemblea Xeral, celebrado en setembro de 2015. A súa consecución final quedaría plasmada nun mundo composto por cidadáns mundiais que se ocuparían de:

"Crear un mundo cunha paz duradeira: un mundo sen pobreza nin fame e onde todas as persoas gocen de saúde e educación. Un mundo onde honremos e protexamos a vida baixo a auga e na terra. Un mundo de paz e xustiza para todos".

Baixo a premisa de que a cidadanía é un axente clave na consecución dos fins da Axenda 2030, este proxecto pretende xerar espazos de participación e reflexión, espazos para cocrear novos imaxinarios sobre modelos de vida máis respectuosos a nivel social, medioambiental e económico á vez que melloramos o coñecemento da poboación sobre os ODS e das súas metas.

ACCIÓNS CONCRETAS:

Difusión continua a través dun Programa de Radio en Cuac FM

Cunha periodicidade quincenal organizaremos un programa de radio na Biblioteca Fórum instalando unha mesa dende a que difundiremos os ODS, invitaremos a persoas referentes en sostibilidade e a veciños e veciñas para promover hábitos de vida sostibles. Dende o programa realizaremos toda a divulgación e invitaremos á cidadanía a participar nas diferentes actividades do proxecto.

O programa emitirase no 103.4 da FM para o área de A Coruña e en streaming a través de https://cuacfm.org/directo/.

Así mesmo realizarase un importante esforzo na difusión dos programas realizados sumando esforzos na gravación e edición para a súa posterior publicación en diferentes redes sociais para multiplicar a difusión.

CALENDARIO:

12/09: Persoas (Falaremos de temas sociais do noso barrio)

26/09: Planeta (Aspectos medioambientais coa colaboración co CEIDA)

10/10: Prosperidade (Aspectos económicos, emprego, cidade...)

24/10: Paz (Gobernanza e espazo especial para a cultura)

14/11: Partnership/Alianzas (Asociacionismo no noso de barrio)

28/11: Resumo final

Exposicións

Para difundir e facilitar o coñecemento da dimensión do impacto ambiental social e económico das nosas accións, proxéctase colaborar coa Oficina de Medio Ambiente da Universidade de A Coruña (OMA, UDC) e do espazo Forum Metropolitano, e dar visibilidade no noso barrio a varios ciclos expositivos, moi útiles e necesarios na Educación para o Desenvolvemento Sostible. Un dos ciclos será o da Pegada Ecolóxica, que consta de 16 paneis que achegarán á veciñanza e a cidadanía en xeral, información e divulgación ambiental necesaria para tomar conciencia da importancia da nosa xestión diaria dos residuos, e que accións podemos levar a cabo como cidadáns para sumar solucións.

Ciclo de Cine Sostible

Co obxectivo de fomentar a toma de consciencia de que as nosas accións teñen repercusións a unha escala moito más aló do noso barrio, teremos un ciclo de cine que afonde na reflexión e sensibilización sobre a sostibilidade.

Guía de lectura

Acompañamos estas accións coa escolma dunha serie de materiais presentados nunha guía de lectura dixital para coñecer e ampliar información sobre o conxunto dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable:

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión