Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Club de lectura Verás que verán. O grupo

Por tipo de actividade:

Clubs

Por tipo de público:

Xuvenil

A quen vai dirixido?:

De 12 anos a 15 anos.

Cando:

Dende o 20/07/2022 ás 12:00 ata o 27/07/2022 ás 13:00 , os mércores

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 17/06/2022 ata o 20/07/2022

Require inscrición

Horario:

De 12.00 a 13.00 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Castrillón. Praza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña

Hashtag:

#clubdelectura, mocidade, verasqueveran, bcastrillon

Contacto:

Club de lectura dirixido á mocidade de 12 a 15 anos.

A nosa proposta para este verán é adicar algo do tempo de lecer á lectura e a atoparnos con persoas que tamén desfruten con ela.

Xuntarémonos os mércores de xullo e agosto con propostas de lecturas quincenais, porque sabemos que nas vacacións é probable que nos ausentemos algúns días.

Pódeste apuntar a unha, varias ou todas as quincenas.

Nestes dous encontros falaremos de O grupo, de An Alfaya. Neste libro coñeceremos a Antón, Runa, Carla, Amina e Nico, adolescentes que sofren en primeira persoa algunha discriminación. Deciden acudir ao Centro Cívico do seu barrio buscando unha solución.

Podes pasar pola biblioteca a recoller o teu exemplar ou descargalo na plataforma de préstamo de libro electrónico GaliciaLe.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión