Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

CMIX

  • Compartir
  • Añadir a tu agenda
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras 2019

Inscripciones:

Hasta el 20/03/2019

Precio:

As familias achegarán as cantidades que correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade, de acordo coas contías establecidas no anexo IV da convocatoria.

O programa inclúe:

  • No caso das actividades que se realicen no estranxeiro, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
  • Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
  • Os gastos de docencia e o material escolar.
  • As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
  • Os gastos de mantenza e aloxamento.
  • O certificado de realización da actividade.
  • O seguro de accidentes e de responsabilidade civil. 

Requisitos:

  • Estar cursando, no réxime xeral, 1º, 2º, 3º ou 4º da educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2018/19, na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2017/18.
  • Ter acadado no curso 2017/18 unha cualificación mínima de Ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º curso de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.
  • Para as actividades de integración, estar matriculado/a, no curso 2018/19, nun centro da Rede de centros plurilingües.
  • Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  • Estar en posesión do documento nacional de identidade, número de identidade de estranxeiro ou pasaporte. No caso do alumnado menor de 14 anos que non dispoña de documento de identidade, farase constar, como documento identificativo, o do pai ou da nai ou do titor ou titora legal.
  • As axudas poderán ser solicitadas polos pais, nais ou titores legais, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Página web:

www.edu.xunta.es/axudasle

Contacto:

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional 

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Edf. Administrativo de San Caetano s/n. 15781 Santiago de Compostela 

Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.es

Atención telefónica: 981 957 296 - 981 546 544

Publicación: DOG 20/02/2019

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

O período de realización das actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2019, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2019/20. As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.

  • 2º BACH
    • Inglés en Canadá. 3 semanas. Familia 
    • Inglés no Reino Unido. 3 semanas. Familia
    • Francés en Francia. 3 semanas. Familia ou residencia 
    • Portugués en Portugal. 3 semanas. Familia ou residencia 
  • 1º BACH
    • Inglés no Reino Unido. 3 semanas. Familia 
    • Inglés en Canadá. 3 semanas. Familia 
    • Inglés en Canadá-Integración. 4 semanas. Familia 
    • Inglés en Galicia. 1 semana. Residencia 
    • Francés en Francia. 3 semanas. Familia ou residencia 
    • Portugués en Portugal. 3 semanas. Familia ou residencia 
  • 4º ESO
    • Inglés en Galicia. 1 semana. Residencia 
    • Inglés en Galicia. 2 semanas. Residencia 
  • 3º ESO
    • Inglés en Galicia. 2 semanas. Residencia 
  • 2º ESO
    • Inglés en Galicia. 2 semanas Residencia 
  • 1º ESO
    • Inglés en Galicia. 2 semanas. Residencia
  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?