Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Quedaches con algunha dúbida? Ponte en contacto connosco se necesitas ampliar a información.

Que é unha asociación?

Unha asociación é unha agrupación de persoas (un mínimo de 3) que se crea porque os seus membros teñen un interese común particular ou xeral, que se organiza democráticamente e non ten ánimo de lucro.

Que quere dicir que non ten ánimo de lucro?

Pois que a asociación pode ter actividade económica (por exemplo, pode organizar cursos, vender obxectos...) pero non pode repartir os beneficios que obteña entre as persoas socias. Estes cartos teñen que quedar na entidade.

Entón, podemos ter actividade económica?

Sí. Pero tedes que ter en conta as cuestións fiscais que iso implica.

Que quere dicir que é unha persoa xurídica?

É unha persoa xurídica porque ten entidade propia, distinta das socias e socios que a compoñen, e dispón dun patrimonio propio. De feito teredes que solicitar en Facenda un NIF.

Que significa que se organiza democráticamente?

Significa que os acordos deben ser aprobados pola Asemblea Xeral, que está formada polas persoas socias da entidade.

Que é unha asociación xuvenil?

As asociacións xuvenís son aquelas cuxas persoas membro teñen unha idade comprendida entre os 14 anos cumpridos e os 30 sen cumprir.

Que é o primeiro que temos que facer para montar una asociación?

En realidade, o primeiro que deberíades facer é leer a norma que regula as asociacións, a Ley Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora del Derecho de Asociación. Non teñades medo, é unha norma sinxela que resolverá parte das vosas dúbidas.

Que son os estatutos? Cando queda constituida a asociación?

Os estatutos son as  normas que regularán a vosa asociación (nome, fins e actividades, ámbito de actuación, organización...). Esta quedará consituida unha vez que firmedes a acta fundacional que irá acompañada destes estatutos. Non vos preocupedes, en internet tendes formularios dabondo, como por exemplo http://www.interior.gob.es/web/servicios-al-ciudadano/modelos-de-solicitud/asociaciones/modelos-para-inscripciones-en-el-registro-nacional

Por que temos que inscribila no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia?

A súa inscrición nun rexistro público supón non só darlle publicidade, se non tamén limitar a responsabilidade ao patrimonio da asociación, separándoa do patrimonio das persoas socias.

Que máis cousas temos que ter en conta?

Teredes que cumplir coa normativa de protección de datos, levar unha contabilidade, ter un libro de persoas socias e outro de actas. Todo é máis sinxelo do que parece.

Somos un grupo de persoas que queremos facer un proxecto xuntas, pero non estamos interesados en crear unha asociación ¿podemos facelo?

Sí. É o que se chama "grupo informal". Nestes casos haberá que designar a un de vós para que represente ao grupo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión