Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

O voluntariado é unha forma de participación da sociedade na atención de necesidades de interese xeral, mediante actividades realizadas de forma altruísta, desinteresada e solidaria.

Existen diferentes maneiras de participar, desde a colaboración directa con entidades sen ánimo de lucro ata intervir en programas de voluntariado articulados e elaborados para estas áreas de interese xeral polas entidades de acción voluntaria ou mesmo pola propia administración pública a través de organismos oficiais.

Calquera que sexa a modalidade que che interesa debes saber que a acción voluntaria está regulada por lei. Se queres saber, por exemplo, cales son os teus dereitos e obrigas como voluntario/a consulta aquí a lexislación vixente en materia de voluntariado.

Lei do voluntariado en España

Lei de acción voluntaria de Galicia

Áreas de actuación na acción voluntaria:

  • Acción social e servizos sociais
  • Natureza sociosanitaria
  • Defensa dos dereitos humanos
  • Infancia
  • Protección civil
  • Medio ambiente
  • Educación
  • Cultura
  • Lecer e tempo libre
  • Consumo
  • Defensa dos dereitos humanos
  • Defensa dos dereitos lingüísticos
  • Desenvolvemento da vida asociativa
  • Fomento do uso das novas tecnoloxías
  • Protección de persoas consumidoras e usuarias
  • Defensa do patrimonio cultural
  • Cooperación ao desenvolvemento
  • Mocidade
  • Cooperación internacional
  • De defensa da economía ou da investigación
  • Calquera que axustándose ao disposto na lei, poida contribuír á consecución dos principios da acción voluntaria

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión