Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Divulgatón sobre a identidade de xénero na Domus da Coruña

A Asociación pola Liberdade Afectivo-Sexual (Alas A Coruña) e os Museos Científicos Coruñeses organizan unha xornada de divulgación (Divulgatón) sobre a identidade de xénero, dirixida a persoas de entre 16 e 25 anos. A actividade terá lugar mediante a metodoloxía do que se coñece como ‘hackaton’, ou competición colaborativa, na que se abordará a temática da identidade de xénero desde unha perspectiva científica, social e cultural.

A quen vai dirixido?:

persoas de entre 16 e 25 anos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

12/10/2018

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 03/10/2018 ata o 11/10/2018

Horario:

de 10:00 a 20:00 h

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Páxina web:

Divulgatón sobre identidade de xénero

Organiza:

Museos Científicos Coruñeses en colaboración coa Asociación pola Liberdade Afectivo-Sexual (Alas A Coruña)

Contacto:

Domus

R/ Ángel Rebollo, 91

Tel.: 981 189 840

www.coruna.gal/mc2

Os grupos de traballo desenvolverán unha iniciativa, que poderá ser unha actividade, módulo ou publicación, que podería desenvolverse na Domus arredor da temática da identidade de xénero. Ao acabar o evento, todos os grupos expoñerán o seu proxecto e unha das ideas será seleccionada para ser executada.

Inscrición: para participar é preciso preinscribirse a través dun formulario electrónico dende o mércores 3 de outubro, dispoñible no enderezo https://goo.gl/forms/npk65S74Z94Dth0B3

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión