Con motivo da realización das XXVII Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional, a Concellaría de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña publica a edición 2019 da Guía Ti Elixes!, que ten como finalidade servir de apoio ao obxectivo destas Xornadas, que non é outro, que informar e asesorar ao alumnado de educación secundaria sobre a oferta de estudos universitarios, formación profesional e outros estudos non regulados, así como das saídas profesionais ao seu remate.
A Guía Ti Elixes! 2019 consta de dous documentos: un directorio de fontes de información sobre emprego e educación cos recursos máis salientables nestes dous ámbitos, e unha selección das bolsas convocadas nestes dous últimos anos por entidades públicas e privadas.
A recopilación da información foi realizada polo Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña, que pon a disposición da xuventude unha asesoría educativo-profesional onde se pode obter información e asesoramento neste eido, e consultar as diferentes convocatorias de interese para a comunidade educativa, como poden ser bolsas, prácticas profesionais, etc.
Esperamos que sexa de utilidade.
Descarga a Guía Ti elixes 2019
Máis información:
Centro Municipal de Información Xuvenil
R/ Río de Monelos s/n
Tlf.: 981 184 294
O programa AIX desenvolverase de abril a xuño 2021
Prazo de envío de solicitudes ata o 13/04/2021
Dende o 31/03/2021 ata o 30/04/2021
Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)
Fórum Metropolitano
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible