Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Actividades

resultados 47

  • #MUSEONACASA: Luis Seoane. O legado de Maruxa Seoane

    Banner da exposición coas novas datas.

    Cando:

    Exposición prorrogada ata 20/09/2020

    O Museo de Belas Artes da Coruña quere achegar aos vosos fogares a posibilidade de coñecer comodamente a figura e obra de Seoane, para o cal ofrecen distintas opcións.

  • Ponllearte 2020

    Cartel ponllearte: ilustración de persoas pola rúa con mascarilla e diferentes establecementos de barrio.

    Cando:

    Dende o 27/07/2020 ata o 14/08/2020

    Ponllearte!: un proxecto de creación colectiva no que un "equipo creador" estará en relación co barrio para explorar historias/reflexións que despois se concretarán na elaboración dun fanzine (revista auto-editada). Trátase dunha proposta de ocio e formación creativa de proceso grupal con sesións no tallerdepolo e en diferentes espazos da cidade. Dispoñen de varias bolsas para facilitar o acceso á actividade.

  • Fundación Luís Seoane: Testemuñas no tempo

    Cartel con frechas azuis e brancas en diagonal e en direccións opostas.

    Cando:

    Dende o 03/07/2020 ata o 09/08/2020

    Testemuñas no tempo é unha serie de cinco episodios en formato podcast dirixida por Alejandro Pan que recolle as diferentes experiencias de galegos e galegas residentes no estranxeiro.

  • Descobre os segredos da maxia con David Méndez

    Cartel con fotografía do mago David Méndez.

    Cando:

    09/07/2020

    Inscricións:

    Haberá 15 prazas dispoñibles, que se asignarán por orde de inscrición ata esgotar as prazas. Formulario de inscrición na web da Biblioteca.

    A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, organiza esta especial escola, onde os aprendices de mago aprenderán a facer trucos de maxia moi sinxelos e didácticos, rescatando ao mago que todos levamos dentro, creando experiencias inesquecibles.

  • Jazz Filloa

    Cartel cos concertos do mes

    Cando:

    Dende o 01/07/2020 ata o 29/07/2020

    Axenda de concertos e jam sessions do mes de xullo no Jazz Filloa.

  • Seminario "Orgullosamente Negrxs"

    Cartel do seminario.

    Cando:

    13/07/2020

    A UDC organiza "Orgullosamente Negrxs". seminario sobre a comunidade africana e afrodescendente en España.

  • Taller de panadería

    Cartel do taller: pan sobre unha táboa

    Cando:

    11/07/2020

    Inscricións:

    Reservas no tel. 633 099 145

    Vedanta Yoga organiza un taller de panadería. Aprenderás a facer pan de molde, panciños con sementes, masa de pizza, colines ou pauciños... e con todas as medidas de seguridade.

  • Sala Mardi Gras: Igor Paskual

    Cartel do concerto

    Cando:

    10/07/2020

    Regresa a música en directo á Sala Mardi Gras coa actuación de Igor Paskual, guitarrista e compositor de Loquillo. Rock pasional, irreverente e elegante.

  • Coñece Galicia: Minicampamentos en aloxamentos turísticos

    Casa no campo.

    Cando:

    Xullo e agosto de 2020.

    Inscricións:

    Dende o 07/07/2020

    ata tres días antes do inicio de cada actividade.

    A Consellería de Política Social e a Consellería de Cultura e Turismo poñen en marcha o programa Coñece Galicia, unha iniciativa lúdico formativa para desenvolver en aloxamentos turísticos distribuídos por toda a xeografía galega en estancias de cinco días, de luns a venres.

  • Nocturnia xullo-agosto 2020. Programa de ocio alternativo

    Campaña de verán de 2020 do programa de lecer Nocturnia: persoa nova facendo piragüismo.

    Cando:

    Dende o 10/07/2020 ata o 22/08/2020

    con diferentes prazos de inscrición para cada actividade

    Nocturnia é un programa de ocio saudable para a xuventude organizado polo servizo de Mocidade da concellaría de Benestar Social, Igualdade e Participación do Concello da Coruña que recibe financiación do Ministerio de Sanidade e Benestar Social. Ofrece unha serie de actividades gratuitas para que a xente moza, de 12 a 30 anos, as teña en conta á hora de planificar as súas fins de semana. Actividades deportivas, artísticas, audiovisuais, lúdicas, etc. Moitas delas están preparadas por asociacións e colectivos xuvenís, coa única finalidade de que pasen un momento agradable e divertido coa súa xente e con outras persoas.

resultados 47

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión