Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Exposición "Fotógrafos da natureza 2020" no Aquarium Finisterrae

A sala Isabel Castelo do Aquarium Finisterrae presenta a exposición "Fotógrafos da Natureza 2020", coas fotografías premiadas na última edición do concurso GDT European Wildlife Photographer of the Year.

Páxina web:

https://www.coruna.gal/mc2/es/detalle/el-aquarium-finisterrae-estrena-la-exposicion-fotografos-de-la-naturaleza-2020/#tureza-2020/

Contacto:

Aquarium Finisterrae

Paseo Alcalde Francisco Vázquez, 34

15002 A Coruña

Tel.: 981 189 842

Correo: aquarium@casaciencias.org

O concurso GDT European Wildlife Photographer of the Year iniciouse no ano 2000, promovido pola Asociación alemá de Fotógrafos da Natureza (GDT nas súas siglas en alemán). Ten como obxectivo mostrar o extraordinario nivel da fotografía da natureza, tanto profesional como afeccionada, en Europa, pero tamén pretende promover o seu coñecemento e a súa conservación.

O gañador absoluto deste ano é o fotógrafo español Eduardo Blanco Mendizabal, cunha imaxe dun lince.

A exposición contén 84 imaxes, gañadoras e finalistas nas diferentes categorías do concurso: Aves, Mamíferos, Outros animais, Eloxio das plantas, Paisaxes, Mundo submarino, Ser humano e natureza, Forma e composición, Mozos fotógrafos/as.

Estas imaxes foron elixidas entre as miles que se presentaron este ano ao concurso, realizadas por fotógrafos e fotógrafas de toda Europa.

Son instantáneas que foron realizadas con moita paciencia e persistencia, nas que, unha vez máis, os autores e autoras despregan as súas habilidades e a súa mirada para capturar aspectos esenciais e sorprendentes da natureza, xa sexan paisaxes ou pequenos detalles das especies que os habitan. Desde a premisa que di que protexemos o que coñecemos, imaxes como as desta exposición poden ser un bo punto de partida para concienciarnos e involucrarnos na conservación da natureza.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión