Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Exposición virtual "MIRAR DE NOVO. A MULLER CONTRA O TEMPO" en Agalería

Co título "MIRAR DE NOVO. A MULLER CONTRA O TEMPO", Afundación, a Obra Social de ABANCA presenta unha exposición e un catálogo que nos permitirán realizar unha nova lectura da historia da arte, tomando como punto de referencia as obras creadas por artistas mulleres.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 02/12/2020 ata o 28/03/2021

Prezo:

Gratuita.

Páxina web:

https://www.agaleria.org/es/exposiciones/mirar-de-nuevo.html

Contacto:

AGALERÍA Museo Virtual

Email: contacto@agaleria.org

Sede Afundación A Coruña

Cantón Grande, 8. 15003 A Coruñas

Tel.:  981 185 060

Información e reservas: socioculturales@afundacion.org

A Colección de Arte ABANCA fundamentalmente, xunto a unha serie de obras destacadas da Colección de Arte Afundación e diversas obras convidadas de prestixiosas coleccións públicas e privadas fornecen o proxecto.

A Colección de Arte ABANCA posúe entre os seus fondos unha destacada selección de obras dalgunhas das máis recoñecidas artistas desde as vangardas ata o noso presente. Artistas como María Blanchard, Maruja Mallo, Helena Almeida, Cristina Iglesias, Susana Solano ou Pamen Pereira, entre outras moitas, son tan relevantes que ofrecen a oportunidade de crear esta exposición que, en certa maneira, reescribe ou nos ofrece unha nova visión da Historia da arte.

Este proxecto expositivo englóbase dentro do compromiso que ABANCA asumiu, a través do seu Programa de Sustentabilidade, como membro desde a súa constitución en 2015 da Rede de Pacto Mundial das Nacións Unidas. Neste contexto, o deseño da exposición é unha acción de difusión que pertence ás liñas de actuación social sobre o ODS5 Igualdade de xénero, que "manifesta que non só é un dereito humano fundamental, senón que é un dos fundamentos esenciais para construír un mundo pacífico, próspero e sostible".

LUGAR: Esta exposición virtual exhíbese en Agalería, un espazo de lecer, cultura e educación que representa un novo proxecto nado desde a premisa de ofrecer experiencias museográficas dinámicas e que evolucionará a medida que o vaian facendo a tecnoloxía, as demandas das persoas visitantes e as esixencias dos contidos para tratar.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión