Concello da Coruña

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Listaxe provisional de grupos admitidos na quenda semestral de abril-outubro 2021 dos Locais de Ensaio

A continuación publícanse as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que comezará o 26 de abril.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Páxina web:

http://locaisdensaio.blogspot.com/

Organiza:

Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación

Contacto:

Locais de Ensaio

R/ Francisco Pérez Carballo 2 (Coliseum)

15008 - A Coruña

Correo electrónico: locaisdensaio@gmail.com  

Facebook: www.facebook.com/locaisdensaio.coruna

Documentos:

Listaxe provisional de admitidos (177 KB)

Bases da convocatoria (469 KB)

Unha vez publicada esta listaxe, ábrese un prazo de 10 días naturais para que os/as interesados/as poidan presentar as alegacións que estimen convenientes. Cando finalice este prazo, publicarase a listaxe definitiva. Os grupos que consten con solicitudes incompletas poderán enviar a documentación requirida ao enderezo xuventude@coruna.es

De existir algún grupo que, tendo presentada a súa solicitude en prazo, non apareza nesta listaxe, poderá porse en contacto cos Locais de Ensaio do Concello da Coruña no correo electrónico: locaisdensaiocoliseum@gmail.com

Todos os grupos que finalmente resulten aptos serán convocados mediante correo electrónico á xuntanza de adxudicación de horarios. Nela, como é costume, iranse repartindo os horarios dispoñíbeis segundo a orde estipulada no regulamento interno, requirindo a presenza dun/dunha único/a representante de cada agrupación. Os grupos aptos que non asistan a esta xuntanza, xunto cos grupos cuxa solicitude fose enviada unha vez que remate o prazo ordinario de inscrición, conformarán a listaxe de agarda. Nela, ofertaranse por orde de solicitude os horarios que queden sen adxudicar.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión