Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

"Un lugar común. Derivas do deseño e da arte contemporánea" en NORMAL

Reactívase a actividade cultural presencial en NORMAL coa inauguración da exposición "Un lugar común. Derivas do deseño e da arte contemporánea", comisariada por David Barro, historiador da arte e do deseño.

Cando:

Dende o 15/09/2020 ata o 04/12/2020

Inscricións:

Inauguración o 15/09/2020 ás 20:00 horas na Sala de Exposicións de NORMAL. Aforo limitado. Enlace para a inscrición 

Páxina web:

https://www.udc.es/gl/novas/Un-lugar-comun.-Derivas-do-deseno-e-da-arte-contemporanea/

Contacto:

NORMAL. Espazo de intervención cultural

Paseo de Ronda, 47

15011, A Coruña

Email: normal@udc.gal

A exposición ofrece un paseo pola historia da arte e do deseño nas últimas décadas a partir dalgunhas das súas últimas derivas, sendo posíbel advertir nas súas protagonistas un achegamento á liberdade creativa do dadaísmo, á extremosidade propia do barroco, á inclinación pola colaxe como arma para desordenar e recompoñer o mundo ou unha ollada máis próxima ao natural e artesanal, mais tamén unha complicidade co mundo da empresa e da industria desde o creativo, a partir de obras de arte, pezas de mobiliario e de deseño industrial, de deseño de moda, obxectos de produción artesanal, cartaces, libros, publicacións etc.

Actividades complementarias:

Como complemento á mostra o comisario impartirá catro conferencias, a primeira delas o propio día da inauguración:

  • 15 de setembro: "O deseño como actitude"
  • 8 de outubro: "Arte, artesanía e deseño"
  • 22 de outubro: "A outra metade. Mulleres na historia da arte e do deseño"
  • 12 de novembro: "Breve historia do deseño en Galiza"

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión